María Barral Varela, nada en Betanzos en 1973, é unha política galega do PSdeG-PSOE. Traxectoria Licenciada en matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi número 8 do PSdeG-PSOE en Betanzos nas municipais de 2003, se ben nun primeiro momento non foi elixida, ata que en xaneiro de 2004 tomou posesión e dende entón ocupou diversos cargos políticos no concello de Betanzos. Nun primeiro momento asumiu as áreas de servizos sociais, emigración e turismo ata as municipais de 2007, tralas cales pasou á oposición. Nas municipais de 2011 o PSdeG-PSOE recupera a alcaldía da man de Ramón García Vázquez, pasando a ocupala primeira tenencia de alcaldía e as áreas de servizos sociais, sanidade e turismo. Nas municipais de 2015 os socialistas revalidaron a alcaldía e mantívose á fronte das súas responsabilidades. Durante este tempo compaxinou o seu traballo no concello co de mestra nunha academia.
Trala dimisión de Ramón García Vázquez en xullo de 2018, pasou a ser alcaldesa de Betanzos tomando posesión o día 6 de agosto. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou a alcaldía con maioría absoluta,Concello de Betanzos na FEGAMP sendo a primeira vez dende 1999 que os socialistas a lograban en Betanzos. Nas eleccións de 2023, malia quedar en segunda posición tras o PP, renovou a alcaldía mediante un pacto co BNG.
Notas
Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes