Francina "Fanny" Elsje Blankers-Koen, nada en Baarn o 26 de abril de 1918 e finada en Hoofddorp o 25 de xaneiro de 2004, foi unha atleta e campioa olímpica neerlandesa, vencedora, aos 30 anos de idade, de catro probas de atletismo nos Xogos Olímpicos de 1948 en Londres, cando xa era nai de dous fillos. Foi considerada a "Atleta Feminina do Século", pola Associación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). En 2012, foi inmortalizada no Salón da Fama do atletismo, creado no mesmo ano como parte das celebracións polo centenario da IAAF.Hall da Fama do Atletismo
Durante a súa vida deportiva, Fanny bateu vinte marcas mundiais en probas de velocidade, obstáculos, saltos de altura, saltos de lonxitude e héptatlon.
Traxectoria miniatura|esquerda|170px|Estatua en Rotterdam Francina Elsje Koen, naceu en Lage Vuursche, preto de Baarn, cidade do centro dos Países Baixos. Iniciouse nos deportes practicando natación e aos 17 anos comezou a practicar o atletismo. Un ano despois, o seu adestrador Jan Blankers convenceuna para entrar no equipo olímpico neerlandés, que participaría nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936.Grandes momentos olímpicos - 2° - Persistência olímpica Blankers-Koen obtivo dous quintos lugares, un en salto de altura e outro nos 4×100 metros lisos. Tamén conseguiu un autógrafo do atleta Jesse Owens, que se converteu na posesión máis valorada.Obituary , The Independent, 27 de xaneiro de 2004. Consultado o 5 de febreiro de 2007
En 1938 conquistou o seu primeiro resultado significativo ao levar a medalla de bronce nos 100 metros lisos do Campionato Europeo de atletismo. Co estalido da segunda guerra mundial, os Xogos Olímpicos de 1940 e 1944 foron cancelados, mais Koen continuou a dedicarse ao atletismo durante o período da guerra. En 1946, poucas semanas despois de dar a luz a súa segunda filla, gañou a medalla de ouro nos 80 metros con obstáculos do Campionato Europeo de Atletismo.
O seu feito máis notábel foi nos Xogos de Londres de 1948, cando gañou catro medallas de ouro en nove das probas femininas do acontecemento (100 e 200 metros lisos, 80 metros con obstáculos e 4×100 metros), converténdose no gran nome daqueles xogos. Competiu en once series e finais en oito días. Foi a primeira muller que gañou catro medallas de ouro, e ademais conseguiuno nuns únicos xogos. Alcumada "a ama de casa voadora", "a neerlandesa voadora" e "a asombrosa Fanny" pola prensa internacional, foi recibida na súa chegada a Ámsterdam por unha gran multitude.
Aos 34 anos, tomou parte nos seus terceiros Xogos Olímpicos, que tiveron lugar en Helsinqui. A pesar de que estaba en boa forma física, sufriu graves bochas. Cualificouse para as semifinais dos 100 metros lisos, pero retirouse para asegurar a carreira de valados. Alcanzou a final nesa proba, pero tras golpear o segundo valado, abandonou a carreira. O 7 de agosto de 1955, venceu por última vez, gañando o título nacional de lanzamento de peso, o seu 58.º título neerlandés.
Fanny Blankers-Koen faleceu aos 85 anos a causa do alzhéimer na súa casa de Hoofddorp.
Resultados deportivos Competicións internacionais AnoAcontecementoLugarPosiciónProbaResultado1936Xogos OlímpicosBerlín, Alemaña6.ªSalto de altura1,55 m5.ª4×100 m48.81938Campionatos de EuropaViena, Austria3.ª100 m12.03.ª200 m24.91946Campionatos de EuropaOslo, Noruega – (semis)100 mDNF1.ª80 m con valados11.81.ª4×100 m47.84.ªSalto de altura1,57 m1948Xogos OlímpicosLondres, Reino Unido1.ª100 m11.91.ª200 m24.41.ª80 m con valados11.2 1.ª4×100 m47.51950Campionatos de EuropaBruxelas, Bélxica1.ª100 m11.71.ª200 m24.01.ª80 m con valados11.12.ª4×100 m47.41952Xogos OlímpicosHelsinqui, Finlandia – (semifinais)100 mDNS – (final)80 m con valadosDNF
Títulos nacionais
+Campionatos de Atletismo dos Países BaixosProbaAno(s)100 m 1937, 1938, 1939, 1940, 1942, 1943, 1944, 1946, 1947, 1948, 1949, 1951, 1952200 m 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1944, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 195280 m con valados 1940, 1944, 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954Salto de altura 1936, 1937, 1939, 1940, 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951Salto de lonxitude 1939, 1940, 1942, 1944, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951Lanzamento de peso 1947, 1955Péntatlon 1937
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Fanny Blankers-Koen Games Ligazóns externas Fanny Blankers-Koen Games Fanny Blankers-Koen na páxina do movemento olímpico
Categoría:Nados na provincia de Utrecht Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Atletas de probas combinadas Categoría:Velocistas Categoría:Saltadores de lonxitude Categoría:Saltadores de altura Categoría:Atletas de valados Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Países Baixos Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Lanzadores de peso