Nikolai Mikhailovich Budarin é un astronauta ruso retirado que participou nas misións STS-71, Soiuz TM-27, STS-113, Soiuz TMA-1 e Soiuz TMA-21. Pasou un total de 444,06 días no espazo.
Traxectoria Budarin naceu o 29 de abril de 1953 en Kirya (República dos Chuvaxos). É graduado en enxeñaría mecánica polo Instituto de Aviación S. Ordzhonikidze de Moscova en 1979. Está casado con Marina Lvovna Budarina e ten dous fillos.
En 1976 comezou a ocupar os postos de enxeñeiro e enxeñeiro xefe en RSC Energia. Foi seleccionado en 1989 como candidato a cosmonauta e en xaneiro de 1991 pasou a ser cosmonauta de probas. Formou parte da tripulación das misións STS-71, Soiuz TM-27, STS-113, Soiuz TMA-1 e Soiuz TMA-21.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-71 Soiuz TM-27 STS-113 Soiuz TMA-1 Soiuz TMA-21
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados na República dos Chuvaxos