miniatura|260px|Vista aérea de Punta Europa. A Punta Europa ou Punta de Europa (en inglés: Europa Point) é o punto máis meridional de territorio británico de ultramar de Xibraltar, limitando polo leste a baía de Alxeciras, non así o máis meridional da Península Ibérica que é a Punta de Tarifa, que constitúe ademais o punto máis meridional da Europa continental.
Situada no extremo da rocha de Xibraltar, a área é chaira e está ocupada por un campo de xogo e algúns edificios. Nun día claro hai unha boa vista do estreito de Xibraltar; África, incluíndo as montañas do Rif; e a baía de Alxeciras, así como as cidades españolas da súa beira.
Os edificios inclúen a mesquita de Ibrahim-al-Ibrahim, o santuario da nosa Señora de Europa e un faro.
Recibe ese nome debido a que durante a época medieval pensábase que, efectivamente, tratábase do punto máis meridional do continente europeo (realmente, este punto atópase na punta de Tarifa). O topónimo inglés traduce a voz xeográfica ("punta" transfórmase en point) en tanto que a parte distintiva permanece invariante (sen utilizar o topónimo en inglés, Europe). A razón diso é que a forma en castelán domina na fala xibraltareña.
Notas
Categoría:Xeografía de Xibraltar Europa