Rafael Gil Álvarez, nado en Madrid o 22 de maio de 1913 e finado no mesmo lugar o 10 de xullo de 1986, foi un director, guionista e produtor de cine español.
Traxectoria Empezou a súa actividade en 1931 como crítico cinematográfico, no diario ABC e outras revistas especializadas como Popular Films e Films Selectos. Durante a Guerra Civil rodou varios documentais para o bando republicano. Ao finalizar a guerra iniciou a súa relación coa produtora valenciana CIFESA, dirixindo a súa primeira película en 1941: El hombre que se quiso matar, adaptación do libro de Wenceslao Fernández Flórez e protagonizada por Antonio Casal. O seu primeiro grande éxito foi Eloísa está debajo de un almendro, baseada na obra de Enrique Jardiel Poncela, producida tamén por CIFESA. O éxito impulsou a Rafael Gil a continuar a súa relación con CIFESA, coa que chegou a dirixir oito películas, das que case todas obtiveron un forte éxito.
O cine de Rafael Gil
Desenvolveu unha extensa actividade que abarcou máis de corenta anos de exercicio como director, rodou sesenta e oito películas, tamén traballou como guionista e produtor. En todas elas contou cun sobresaliente equipo técnico, como o decorador Enrique Alarcón.
Iniciou o seu cine nos anos corenta con tres películas pequenas, sen que supuxesen grandes éxitos, pero que os críticos destacan. De aquí pasou a unha fase na que realizou algúns melodramas de grande éxito e adaptou gran cantidade de obras literarias de clásicos autores españois como Galdós, Lope de Vega, Wenceslao Fernández Flórez, Jardiel Poncela e outros; tamén cultivou o cine histórico e relixioso. Neses anos foi un dos realizadores básicos da industria española do cine. Nos últimos anos da súa carreira, durante os anos oitenta, realizou varias adaptacións do escritor Fernando Vizcaíno Casas.
Nos seus artigos de cine confesábase admirador da obra de Murnau, Charles Chaplin, Buster Keaton, John Ford, Howard Hawks, Frank Capra, Frank Borzage ou King Vidor.
Filmografía como director
Flechas, 1939 El hombre que se quiso matar, 1942 Huella de luz, 1942 (guionista) Viaje sin destino, 1942 (guionista) Eloísa está debajo de un almendro, 1943 (guionista) El clavo, 1944 (guionista) El fantasma y Doña Juanita, 1944 (guionista) La pródiga, 1946 (guionista) Reina santa, 1947 (guionista) La fe, 1947 (guionista) La calle sin sol, 1948 Mare nostrum, 1948 Don Quijote de la Mancha, 1947 (guionista) Una mujer cualquiera, 1949 Teatro Apolo, 1950 La noche del sábado, 1950 La señora de Fátima, 1951 El gran Galeoto, 1951 Sor intrépida, 1952 De Madrid al cielo, 1952 (guionista) La guerra de Dios, 1953 El beso de Judas, 1954 Murió hace 15 años, 1954 El canto del gallo, 1955 La otra vida del capitán Contreras, 1955 (guionista) La gran mentira, 1956 Un traje blanco, 1956 ¡Viva lo imposible!, 1958 Camarote de luxo, 1958 (guionista) A casa da Troia, 1959 El Litri y su sombra, 1959 Siega verde, 1960 (guionista) Cariño mío, 1961 (guionista) Tú y yo somos tres, 1962 (guionista) La Reina del Chantecler, 1962 Rogelia, 1962 (guionista) Chantaje a un torero, 1963 Samba, 1964 (guionista) Currito de la Cruz, 1965 La nueva vida de Pedrito Andía, 1965 (guionista) Camino del Rocío, 1966 Es mi hombre, 1966 La mujer de otro, 1967 (guionista) El marino de los puños de oro, 1968 Verde doncella, 1968 Un adulterio decente, 1969 Sangre en el ruedo, 1969 El hombre que se quiso matar, 1970 El relicario, 1970 Nada menos que todo un hombre, 1971 (guionista) El sobre verde, 1971 La guerrilla, 1972 La duda, 1972 El mejor alcalde, el rey, 1973 Novios de la muerte, 1974 Los buenos días perdidos, 1975 Olvida los tambores, 1975 A la legión le gustan las mujeres, 1976 La boda del señor cura, 1979 (guionista) Hijos de papá, 1980 ...Y al tercer año, resucitó, 1981 De camisa vieja a chaqueta nueva, 1982 Las autonosuyas, 1983. Las alegres chicas de Colsada, 1984.
Filmografía como guionista
La dama del armiño (1947) de Eusebio Fernández Ardavín El pobre rico (1942) de Ignacio F. Iquino
Premios
Premio especial ao mellor director na edición de 1947 das medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos por La Fe. Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos ao mellor director na edición de 1948 por Mare Nostrum. Concha de Prata ao mellor director na 1ª Semana Internacional do Cine de San Sebastián por La guerra de Dios (1953). León de Bronce do Festival de Venecia por La guerra de Dios (1953).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de Rafael GIl en IMDb (en inglés).
Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en 1913