C/NOFS, acrónimo de Communications/Navigation Outage Forecasting System, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 16 de abril de 2008 a bordo dun foguete Pegasus XL desde o Kwajalein.

Características A misión de C/NOFS foi monitorizar e facer predicións de ata catro horas sobre o escintileo ionosférico en tempo real e a escala mundial. O satélite levaba seis instrumentos a bordo:

Sonda Langmuir Planar (Planar Langmuir Probe, PLP): medía a densidade de Plasma. Instrumento de Vector de Campo Eléctrico (Vector Electric Field Instrument, VEFI): medía os vectores do campo eléctrico e magnético. Medidor de Velocidade de Ións (Ion Velocity Meter, IVM): medía as velocidades do plasma e a temperatura dos ións. Medidor de Vento Neutro (Neutral Wind Meter, NWM): medía os ventos neutros. Receptor de Ocultación do C/NOFS para Medición e Especificación Ionosférica (C/NOFS Occultation Receiver for Ionospheric Sensing and Specification, CORISS): medición remota do perfil vertical da densidade de electróns. Tomografía Coherente Radioelectromagnética (Coherent Electromagnetic Radio Tomography, CERTO): medía os parámetros de escintileo ionosférico.

Os instrumentos NWM, IVM e CINDI foron proporcionados pola NASA.

C/NOFS reentrou na atmosfera terrestre o 28 de novembro de 2015.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pegasus XL

Ligazóns externas Páxina de CINDI na NASA

Categoría:Satélites artificiais