A síndrome do niño baleiro é unha sensación xeral de soidade que os pais ou outros titores poden experimentar cando un ou máis dos seus fillos abandonan o fogar. Non é unha condición clínica. Aínda que é máis común nas mulleres, pode ocorrer en ámbolos dous sexos. O matrimonio dun fillo ou filla pode provocar sentimentos semellantes, xa que o papel e influencia dos pais a miúdo se volve menos importante que o do novo cónxuxe.

Un lazo maternal ou paternal forte entre un ou ambos os pais e o seu fillo pode empeorar esta condición. O papel dun pai cando o fillo aínda vive con eles é máis inmediato e próximo ca o que é posible cando viven en diferentes fogares, particularmente se a distancia física entre un e outro significa unha maior dificultade para visitarse.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Webber, Christine e Delvin, David – "Empty-nest syndrome" , citado o 22 de febreiro de 2005

Categoría:Psicoloxía