Saturday Night Fever é un filme estadounidense de 1977 dirixido por John Badham. Está protagonizado por John Travolta no papel de Tony Manero, un mozo de clase traballadora que dedica os seus fins de semana a bailar e beber nunha discoteca de Brooklyn, por Karen Lynn Gorney que interpreta a Stephanie Mangano, a súa compañeira de baile e confidente eventual, e por Donna Pescow como Annette, a antiga compañeira de baile de Tony. Mentres está na discoteca, Tony é a estrela da pista. O seu círculo de amizades e o bailar a fin de semana axúdano a superar a súa difícil realidade; un traballo sen futuro, discusións cos seus pais, as tensións raciais na comunidade e a súa inquietude xeral.

Personaxes John Travolta como Anthony "Tony" Manero Karen Lynn Gorney como Stephanie Mangano Barry Miller como Bobby C. Joseph Cali como Joey Paul Pape como Double J. Donna Pescow como Annette Bruce Ornstein como Gus Val Bisoglio como Frank Manero, Sr. Julie Bovasso como Flo Manero Martin Shakar como Frank Manero, Jr. Lisa Peluso como Linda Manero Nina Hansen como avoa Sam Coppola como Dan Fusco Denny Dillon como Doreen Robert Weil como Becker Fran Drescher como Connie Monti Rock como o DJ Robert Costanzo como cliente na tenda

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por John Badham Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes preservados no National Film Registry