Manuel García Novo, nado en Présaras en 1949 e finado no mesmo lugar o 29 de marzo de 2019, foi un mestre e político galego, que foi o primeiro alcalde democrático de Vilasantar tras o franquismo.

Traxectoria Presentouse á alcaldía nas eleccións de 1979, con UCD, e logrou cinco dos once concelleiros.La Voz de Galicia, 4 de abril de 1979. Páx. 35. Durante os seus tres anos de goberno, dedicou gran parte dos esforzos ao asfaltado de pistas e colocación de alumeado público.La Voz de Galicia, 14 de marzo de 1982. Páx. 39. En 1983 foi substituído no cargo por José Manuel Taboada García.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilasantar

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Alcaldes de Vilasantar

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2019

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes