Robert Donald Cabana é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-41, STS-53, STS-65 e STS-88. Pasou un total de 37,95 días no espazo.
Traxectoria Cabana naceu o 23 de xaneiro de 1949 en Minneapolis (Minnesota). É graduado en matemáticas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1971. Está casado con Nancy Joan Shimer e ten tres nenos. Entre as súas afeccións están as carreiras de obstáculos, o ciclismo, a navegación a vela e o voo. É membro da Sociedade de Pilotos de Proba Experimentais, do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica e da Asociación de Exploradores Espaciais.
Foi seleccionado como candidato pola NASA en xuño de 1985 e pasou a ser astronauta oficialmente en xullo de 1986. Formou parte da tripulación das misións STS-41, STS-53, STS-65 e STS-88.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-41 STS-53 STS-65 STS-88
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Minnesota