Catalunya en Comú é un partido político de esquerda,​ cuxo ámbito de actuación é Cataluña.

Traxectoria Na súa fundación estaba formado por Barcelona en Comú, Equo, EUiA, ICV e Podem, aínda que Podem se desvinculou posteriormente do novo partido. Conta co apoio da Plataforma Guanyem, Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Procés Constituent e Unidos Podemos. O manifesto fundacional presentouse o 19 de decembro de 2016​ e o primeiro acto público celebrouse en Barcelona o 29 de xaneiro de 2017.

Na presentación do movemento, Ada Colau afirmou que o novo proxecto apoia un referendo sobre a soberanía Cataluña, aínda que dentro do partido atópanse formacións tanto federalistas coma independentistas; "sempre o defendemos e traballaremos para o referendo; a soberanía radica na poboación e así se debe resolver, coas urnas” engadindo que ao mesmo nivel a nova proposta defende a urxencia política para revertir os recortes contra o sector público e acadar unha "fiscalidade xusta" e "feminista”.

Nas eleccións catalás de 2017 presentouse en coalición con Podem baixo o nome de Catalunya en Comú-Podem.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web oficial Catalunya En Comu-Podem en Twitter

Categoría:Partidos políticos de Cataluña