José Manuel Taboada García, nado en Vilasantar, é un ex-político galego, que foi alcalde de Vilasantar durante 25 anos ininterrompidos, dende 1982 até 2007.
Traxectoria Carteiro de profesión. Involucrado en política dende os 22 anos. Accedeu á alcaldía de Vilasantar tralas eleccións municipais de 1983, conseguindo o seu partido, Alianza Popular, 6 dos once escanos, logrando así a maioría absoluta. Nas seguintes eleccións, as de 1987, conseguiu aumentar a 8 os escanos de AP, repetindo resultado nas de 1991, xa co nome de Partido Popular. Foi perdendo algúns escanos nas sucesivas eleccións, pero mantendo a maioría absoluta até o ano 2007, cando decidiu non presentarse á reelección, e o BNG liderado por Manuela García Freire se fixo coa maioría absoluta con 5 escanos de 9.
Vida persoal É fillo de Manuel Taboada López, último alcalde franquista de Vilasantar. O seu máximo referente foi Manuel Fraga.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Vilasantar
Categoría:Alcaldes de Vilasantar Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilasantar Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes