Airiños do Parque de Castrelos era un grupo de gaitas que interpretaba música tradicional galega, fundado na parroquia de Castrelos (Vigo) en 1943.
Traxectoria Músicos autodidactas, formáronse co maxisterio de músicos maiores da bisbarra de Vigo. Juan González, nado no lugar da Laxe en Sárdoma o 18 de xuño de 1927 e finado en Castrelos o 3 de decembro de 2016, empezou a puntear nunha frauta de cana. Logo aprendeu o instrumento dos gaiteiros dos grupos Os Morenos de Lavadores e Os Peruchos de Castrelos. Este gaiteiro está na cerna da creación do grupo:Sendo un rapaz de doce anos, acompañado polo tambor do "O Merello", e polo irmán deste ao bombo, conforman o trío "Airiños da Nogueira" en lembranza "daquela inmensa nogueira que nin dez homes eran capaces de rodear cos brazos abertos" e que estaba perto das súas casas na Laxe.A enfermidade da súa nai, que non podía aturar o barullo dos ensaios, e o seu noivado con Lucita forzan o cambio do lugar de ensaios cara a casa de Manolo [Dávila] en Castrelos; este feito propiciaría a refundación no ano 1943 do grupo "Airiños do Parque de Castrelos" xunto a Severo, Manolo e Crispín.Contando 21 anos, e coa oposición do seu pai republicano a que tivese carné da Falanxe, entra a formar parte do grupo "Coros e Danzas", vinculado á Sección Femenina sen afiliación. Creado durante o primeiro franquismo, Airiños do Parque de Castrelos estivo vencellado durante os seus primeiros anos á Sección Femenina de Falange Española como moitos outros grupos folclóricos, que foron utilizados polo réxime como elementos de cohesión. Na Sección Femenina o grupo de gaitas entra en contacto co bailador e percusionista Wenceslao Cabezas "Polo", quen aprendeu a tocar a pandeireta con José Iglesias "Melitón", nativo de Sárdoma. O grupo medrou e tivo proxección internacional como grupo oficial do réxime.Unha agrupación que tamén exterioriza coa súa traxectoria o papel do folclore nestes anos é a dos vigueses Airiños do Parque de Castrelos, conxunto que encarna dalgún xeito o ideal rexionalista do réxime. Permaneceu unido durante prolongados períodos de tempo á Sección Femenina de Falange, tocou para Franco e para os reis e foi o complemento musical axeitado de múltiples actos oficiais e celebracións populares.Campos Calvo-Sotelo, 2008, p. 387.Airiños do Parque de Castrelos actuou en romarías, festas parroquiais, certames e eventos locais, festivais internacionais, acompañou os grupos de danza dirixidos por Wenceslao Cabezas "Polo" e colaborou coa Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo. Cómpre salientar que esta escola e moitos dos eventos nos que Airiños participa fanse baixo unha corporación socialista, e en concreto con Manuel Soto como alcalde e Francisco Santomé Otero como concelleiro de cultura, o que, segundo Campos Calvo-Sotelo, permite comprobar tanto o efecto cohesivo da cultura popular nos primeiros anos democracia como a mirada reducionista que as institucións políticas tiñan do folclore, fose no franquismo, fose no período autonómico: "Tanto a ditadura como o réxime autonómico levaron a cabo unha adopción nesgada e partidista do patrimonio cultural galego, o que forzaría os correspondentes procesos de selección de materiais acaídos".Campos Calvo-Sotelo, 2008, p. 388.
Desde 1970 é un grupo fixo nas celebracións do Día da muiñeira en Vigo, evento anual que xorde dunha idea do líder do grupo, "Polo". Nesa década convértese nun dos grupos máis activos da música rexional, un tempo no que a música folclórica gravada en disco e en casete pasa por un momento de grande expansión. Producen cinco gravacións, case sempre sen máis título que o nome do grupo, nos que inclúen temas de composición propia e mais pezas populares. Carlos Núñez salientou que o grupo Airiños do Parque de Castrelos era experto en incorporar os ritmos cubanos, como se evidencia na súa rumba "Cinco mariñeiros".
En 1978 o grupo participou por primeira vez no Festival Intercéltico de Lorient xunto coa Escola de Gaitas de Ortigueira, Coral Casablanca e mais o grupo lugués Fuxan os Ventos. Os compoñentes de Airiños lembran o gran descoñecemento que na Bretaña había naquel momento de Galicia. Volve participar nese festival en 1981, desta vez canda Milladoiro e Xocaloma, o grupo Novos Ventos (gaiteiros de Beluso), a Coral de Ruada de Ourense, entre outros grupos galegos. Por mor do acordo de irmandade asinado ese mesmo ano entre as cidades de Lorient e Vigo, que establecía, entre outras aspectos, a invitación permanente dun grupo musical vigués ao Festival Intercéltico, volveu actuar nas edicións de 1982, 1984 e 1985.Cabezas Gómez, 1993, p. 149. O 9 de setembro de 1979 interveñen no Autunno Musicale en Como (Italia), nunha edición dedicada á gaita tradicional en Europa na que tamén tocaron Paddy Keenan (cornamusa irlandesa) e Agostino Troiano (surdulina). Consérvase a gravación no Centro di Dialettologia e di Etnografia de Bellinzona (Suíza). En 1980 participaron na terceira edición do Festival de Ortigueira.
En 1993 recibiron o galardón Vigués distinguido como homenaxe aos seus cincuenta anos en activo. Ese mesmo ano publicouse o disco Grupo Tradicional Airiños do Parque de Castrelos e mais o libro conmemorativo Grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos": 1943-1993, que documenta a historia do grupo e inclúe partituras e unha ampla galería fotográfica.
Juan González foi un gaiteiro recoñecido polo seu mestrado entre instrumentistas máis novos e impulsou grupos como Semilleiro (do que formou parte Patricia Cela, artesá e integrante do Cuarteto Caramuxo) e Os Kilovatios. Foi recoñecido como Vigués distinguido en 2006.
Desde o 13 de xuño de 1993 o grupo aparece no rueiro de Vigo na Alameda dos Gaiteiros de Airiños do Parque de Castrelos.
Membros
Gaita primeira: Manuel Dávila. Gaita segunda: Juan Manuel González Alonso, tamén coñecido como Sr. Juan. Pandeireta e pandeiro: Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”. Tambor e cunchas: Xosé Crispín. Bombo e cunchas: Severo Dávila.
Discografía A súa discografía está composta por discos propios e algúns temas recompilados en traballos de musicoloxía tradicional europea. Os títulos dos temas renden homenaxe á toponimia das Rías Baixas e, ocasionalmente, a figuras da música tradicional, como o gaiteiro Ricardo Portela e o artesán e gaiteiro Basilio Carril. As portadas dos discos abundan na iconografía rexionalista pois retratan ao grupo sempre vestido co traxe tradicional, en lugares emblemáticos das Rías Baixas, con elementos típicos como canastros e cruceiros.
Álbums
1972 Airiños do Parque de Castrelos, Madrid, Fonogram. LP. Reeditouse en casete en 1974 co título Gaitas gallegas.
1Pasodoble de Menduiña2Foliada da Falcoa3As mozas de Vilariño: alborada4Jota de Redondela5Pasodoble das Carneiras6Danza das patelas: danza marinera7Vira o pé: danza de Vilagarcía de Arousa8Jota de Castrelos9De Castrelos a Sárdoma: pasodoble (no casete titúlase: De Castrelos a San Pedro)10Jota do marinero
1976 Airiños do Parque de Castrelos, Madrid. Casete.
1Muiñeira de La Coruña2Foliada dos airiños de Castrelos3Galicia terra meiga 4Jota do moneco5Jota do monte6Jota homenaxe a Basilio Carril7Marcha solemne del antiguo reino de Galicia8Alborada de Rosalía de Castro9Fandango gallego 10No palleiro 11Muiñeira de Soutelo de Montes12Muiñeira de Redondela
1978 Airiños do Parque de Castrelos, Madrid, Columbia CPS 9596 (LP) e BS 7033 (casete).
1Muiñeira dos rapaces2Valse dos vellos3Marcha solemne do antergo Reino da Galiza4Regueifa5No atrio de Castrelos6Ribeirana7As mozas de Vilariño8Carballesa9Do burro morto10Vindo da Escravitude
1978 Airiños do Parque de Castrelos, Madrid, Columbia CPS 9597 (LP) e BS 7034 (casete).
1Fandango muradán2Danza dos petos3Os nenos de Marín (popular)4O Cocho das Dornas5De Vigo a Baiona6Na Virxen da Roca (popular)7Nas rúas de Baiona8Os cinco mariñeiros9No magosto10No carnaval en Vilariño11Na eira12Foliada dos airiños
1993 Grupo Tradicional Airiños do Parque de Castrelos, Sonyarte. LP e casete.
1Reverencia das Candelas2Churrusqueira3O Suita4Foliada da Sra. Juana5O cuco6In memoriam Ricardo Portela7Santa Fe8Danza de espadas de Baiona9Muiñeira de Almofrei10O río Lagares11Rumba do Reconco
Colaboracións
1971 Foliadas das Rías Baixas, Barcelona, Palobal. Casete e cartucho de oito pistas. Con interpretación dos Airiños do Parque de Castrelos, Wenceslao Cabezas "Polo", os Airiños das Rías Baixas, a Orquesta Moderna de Pontevedra e mais mariñeiros da Arousa e Vilanova. Recolle estes temas dos integrantes do grupo:
B1Os airiños d'o parque de CastrelosMuiñeiraB2Os airiños d'o parque de CastrelosJotaB3Wenceslao CabezasSolo con la panderetaB4Os airiños d'o parque de CastrelosRibeiranaB5Wenceslao CabezasBaile de panderoB6Os airiños d'o parque de CastrelosPasodoble del BerbésB7Wenceslao CabezasAlaláB8Os airiños d'o parque de CastrelosMuiñeira
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cabezas Gómez, Hipólito et al. Grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos": 1943-1993. Vigo: Asociación de Veciños Castrelos, 1993. Campos Calvo-Sotelo, Javier. La música popular gallega en los años de la Transición política (1975-1982): Reificacións expresivas do paradigma identitario. Universidad Complutense de Madrid, 2008. Tese de doutoramento.
Gravacións
Airiños do Parque de Castrelos cos Coros y Danzas de Redondela. "Panderetada" , No-Do, Redondela, 1970. Fondo de Música Tradicional CSIC-IMF. Airiños do Parque de Castrelos cos Coros y Danzas de Redondela. "Carballesa" , No-Do, Redondela, 1970. Fondo de Música Tradicional CSIC-IMF. Airiños do Parque de Castrelos, "Baile de pandero", Foliada das Rías Baixas (Canti e musiche popolari della Galizia spagnola), Albatros, 1970. Airiños do Parque de Castrelos, "Os nenos de Marín"
Outros artigos
Os Morenos de Lavadores Wenceslao Cabezas del Toro "Polo"
Ligazóns externas
Pierlugi Navoni, Airiños do Parque de Castrelos no CRT - Centro Ricerche Teatrali, Milán, 1971. Fotografía.
Categoría:Cultura en Vigo Airiños do Parque de Castrelos, Os Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos musicais formados en 1943 Categoría:Grupos galegos de música tradicional