Incredibles 2 é un filme de animación estadounidense de 2018 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Escrito e dirixido por Brad Bird, é a secuela do filme de 2004 The Incredibles e o segundo título da franquía. O seu argumento é unha continuación directa dos eventos do primeiro filme e conta as aventuras da familia Parr e a súa busca do equilibrio entre a súa vida como superheroes e como unha familia civil normal. Conta coas voces de Craig T. Nelson, Holly Hunter, Sarah Vowell e Samuel L. Jackson, que retoman os seus papeis do primeiro filme, e coas incorporacións de Huckleberry Milner (que substitúe a Spencer Fox), Bob Odenkirk, Catherine Keener e Jonathan Banks (que substitúe a Bud Luckey). A banda sonora foi composta por Michael Giacchino, que xa compuxera a música do filme anterior.

Personaxes Craig T. Nelson como Bob Parr / Mr. Incredible Holly Hunter como Helen Parr / Elastigirl Sarah Vowell como Violet Parr Huckleberry Milner como Dashiell "Dash" Parr Eli Fucile como Jack-Jack Parr Nicholas Bird que pon a voz de Jack-Jack na súa forma de monstro. Samuel L. Jackson como Lucius Best / Frozone Bob Odenkirk como Winston Deavor Catherine Keener como Evelyn Deavor Bill Wise como o repartidor de pizza Brad Bird como Edna Mode Jonathan Banks como Rick Dicker Michael Bird como Tony Rydinger Sophia Bush como Karen / Voyd Phil LaMarr como Krushauer e He-Lectrix Paul Eiding como Gus Burns / Reflux Isabella Rossellini como embaixadora John Ratzenberger como The Underminer Barry Bostwick como alcalde Jere Burns como Detective #1 Adam Rodriguez como Detective #2 Kimberly Adair Clark como Honey Best

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2018 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Brad Bird Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX