A propilamina ou n-propilamina, tamén chamada propan-1-amina ou 1-propanamina, é unha amina primaria con fórmula molecular C3H9N (tamén escrita C3H7NH2 e C2H5CH2NH2). É un líquido volátil incoloro.Karsten Eller, Erhard Henkes, Roland Rossbacher, Hartmut Höke "Amines, Aliphatic" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2005. . É unha base débil. A súa Kb -e de 4,7 × 10−4.

Síntese

600px|centro

1) A partir de propanamida ou propanonitrilo

A redución de propanamida ou propanonitrilo con HLi e AlH3 produce 1-propanamina (propilamina).

2) A partir de butilamida

Como produto da reacción da butanamida con bromo en medio acuoso fortemente alcalino obtense 1-propanamina (propilamina) e dióxido de carbono.

3) A partir de propanal

O propanal ao reaccionar co amoníaco produce 1-propilimina. Ao ser tratada posteriormente cun redutor como H2/Ni0 o HNa sintetízase a 1-propanamina (propilamina).

4) A partir de haloxenuros de n-propilo

Pode prepararse tamén a partir de haloxenuros de n-propilo (por exemplo, 1-cloropropano ou 1-bromopropano) utilizando ftalimida de potasio con N,N-dimetilformamida (DMF) como solvente e posterior hidrólise alcalina.

650px|center

Notas

Categoría:Aminas