miniatura|Sir Alexander Fleming nun selo postal das Illas Faroe Alexander Fleming, nado na granxa Lochfield, preto de Darvel, en Ayrshire, Escocia, o 6 de agosto de 1881 e finado en Londres o 11 de marzo de 1955, foi un científico británico.
Traxectoria Fleming é célebre por descubrir a proteína antimicrobiana chamada lisozima e mais o antibiótico penicilina obtido a partir do fungo Penicillium notatum (que tamén foi chamado Penicillium chrysogenum e hoxe Penicillium rubens). A súa descuberta da penicilina significou unha mudanza drástica para a medicina moderna, iniciando a chamada Era dos antibióticos.
Polos seus descubrimentos, Fleming compartiu o Premio Nobel de Medicina en 1945 xunto a Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía de Alexander Fleming TIME 100: Alexander Fleming
Categoría:Biólogos de Escocia Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Liexa Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid