Lenore "Lee" Krasner, nada en Nova York o 27 de outubro de 1908 e finada na mesma cidade o 19 de xuño de 1984, foi unha influente artista do expresionismo abstracto na segunda metade do século XX.

Traxectoria Naceu como Lena Krassner en Brooklyn en 1908.Brenson, Michael. "Lee Krasner Pollock is Dead - Painter of New York School", The New York Times, consultado o 8 de novembro de 2014. Os seus pais, de orixe ucraína, decidiron fuxir debido ao proceso antisemita que se deu neste período na súa zona de orixe. Foi a cuarta de cinco fillos, incluída unha irmá, Ruth, e a primeira que naceu nos Estados Unidos.Rose, Barbara. Lee Krasner: A Retrospective. New York: The Museum of Modern Art, 1983. pg. 13.

Orientou axiña a súa vida cara á arte. Ao rematar os seus estudos primarios ingresou na Women’s Art School. En 1928, ao rematar a súa formación básica na arte, ingresou na National Academy of Design onde comezou a estudar os mestres antigos. A forza que colleu o postimpresionismo e a apertura do Museo de Arte Moderna, inxectaron este novo modelo de pintura en Krasner, que orientou os seus novos estudos cara á pintura moderna.Rose, Barbara. Lee Krasner: A Retrospective. New York: The Museum of Modern Art, 1983. pg. 16 Entón coñeceu a Hans Hofmann, que lle permitiu afondar máis nos novos estilos modernos, como o cubismo. Durante a Gran Depresión, ingresou no Federal Art Project, creado para dar emprego aos artistas neste período. Dedicada á pintura de murais xunto con outros artistas, viuse na situación de ter traballo mais non pintar o que realmente lle gusta. Tras este período ingresou na American Abstracts Artists,Hobbs, Robert. "Lee Krasner". New York: Abbeville Press, 1993. pg. 27 volvendo ao estilo pictórico que máis lle atraía.Levin, G. (2012). Lee Krasner. Nova York: William Morrow

A pesar de ser unha artista do impresionismo abstracto, a súa obra contén diversas variacións, motivadas polo seu estilo crítico e a negativa a centrarse nun estilo único. Estas variacións axudaron a crear un estilo propio e a diferenciala de artistas da súa época, entoa unha simboloxía propia que define a través da súa propia vida persoal. En 1942, comezou a seguir o traballo de Jackson Pollock, máis afín á súa natureza crítica, e rexeitou o cubismo que aprendera de Hofmann. Produciuse entón un choque entre o que realmente buscaba na pintura, levánoda a un investimento de tempo considerable nas súas obras e a posterior destrución da maioría. Aínda que absorbeu a influencia da pintura de Pollock, Krasner non esqueceu a súa admiración pintores como Matisse ou Mondrian, incluíndo elementos de ambos nas súas composicións. A serie "Little Image", reproduce esta admiración.

Tralo seu matrimonio con Pollock, perdeu parte do seu traballo ao minimizar a súa produción.Lee Krasner Neses anos retomou un estilo moito máis sensual e centrado sobre todo na vida e a morte. Porén, á morte do seu home, retomou a arte con máis forza e creou as series "Earth Green" e "Umber".Lee Krasner

Tras recuperarse dun grave problema de saúde, na década de 1970 cambiou radicalmente o seu estilo, optando por unha pintura plana e case xeométrica cunhas coras moito máis puras. Tras exposicións individuais, conseguiu liberarse do alcume de "muller de Jackson Pollock" e logrou facerse un oco entre as persoas máis influentes da arte moderna nos Estados Unidos.Strassfield, C. (1995). Lee Krasner, the nature of the body. East Hampton, N.Y.: Guild Hall Museum

Series "Earth Green". Foi a serie que creou trala morte do seu home. Nela obsérvase un forte impresionismo abstracto, con imaxes extravagantes, salpicadas e arrodeadas de nacemento, destrución e rexeneración. Presentaba unha paleta de cores naturais de verdes, vermellos, brancos e castaños. "Night Journeys". Coincidiu cos períodos de insomnio que padeceu Krasner. Contiña imaxes máis escuras e meditadas. Este período concluíu debido a un aneurisma cerebral que sufriu a pintora.

Obras principais (1929) Self Portrait (Metropolitan Museum of Art) (1934) Gansevoort, Number 1 (Metropolitan Museum of Art) (1938) Still Life (Museo de Arte Moderna) (1940) Seated Nude (Museo de Arte Moderna) (1949) Composition (Philadelphia Museum of Art) (1949) "Untitled" (Museo de Arte Moderna) (1951) Number 3 (Untitled) (Museo de Arte Moderna) (1953) "Untitled" (National Gallery of Australia) (1955) Milkweed (Albright-Knox Gallery) (1961) Polar Stampede (San Francisco Museum of Modern Art) (1964) "Untitled" (Museo de Arte Moderna) (1965) Night Creatures (Metropolitan Museum of Art]]) (1966) Gaea (Museo de Arte Moderna) (1969) Gold Stone (Utah Museum of Fine Art) (1970) Comet (Galería Robert Miller) (1972) Rising Green (Metropolitan Museum of Art) (1976) Imperative (National Gallery of Art)

Pollock e Krasner miniatura|Tumba de Lee Krasner, coa de Jackson Pollock detrás, Green River Cemetery Krasner promoveu a arte de Jackson Pollock a través dos seus amigos e contactos. As diferenzas xurdidas no concepto de "natureza" entre os distintos artistas que se reuniron, deron orixe ao abandono da cor negra por parte de Krasner, e a optar por distintos tons de grises. A pesar das críticas que recibía o seu marido, propuxo novas maneiras de promover a súa arte. Harold Rosenberg, que cuñou a expresión action painting, foi un forte opositor da pintura de Pollock, definíndoo como carente do concepto de natureza. Greenberg foi rival de Rosenberg, polo que Krasner decidiu presentarlle o seu home, o que deu lugar a un artigo moi favorecedor para Pollock.

A morte de Pollock orientou a pintura de Krasner, a un carácter máis audaz e positivo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Pollock-Krasner Foundation Oral history interview with Lee Krasner, 1964 Nov. 2-1968 Apr. 11 Entry for Lee Krasner on the Union List of Artist Names 1978 Lee Krasner video interview by Barbaralee Diamonstein-Spielvogel

Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Pintores expresionistas Categoría:Estadounidenses de ascendencia ucraína Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Alumnos da National Academy of Design