David Seth Kotkin, nado en Metuchen (Nova Jersey) o 16 de setembro de 1956 é un ilusionista estadounidense coñecido profesionalmente como David Copperfield, descrito pola revista Forbes como o mago de maior éxito comercial da historia.

Os especiais de Copperfield na televisión gañaron 21 premios Emmy dun total de 38 candidaturas. Célebre pola súa combinación de contacontos e ilusionismo, a súa carreira proporcionoulle once récords Guinnes,Guinness World Records 2006, p. 197 unha estrela do Paseo da Fama de Hollywood, o título de cabaleiro polo goberno francés,"Reappearing Act: Inside The Multimillion Dollar World Of Illusionist David Copperfield". Forbes.com. 5 de setembro de 2013 e a designación como "lenda viva" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América.

Copperfield vendeu máis de 33 millóns de entradas e gañou máis de catro mil millóns de dólares, máis que calquera outro artista individual na historia. En 2015, Forbes calculou as súas ganancias nos doce meses anteriores en 63 millóns de dólares e situouno como a vixésima celebridade con máis ingresos do mundo.

Cando non actúa, dirixe a súa propia cadea de once illas resort nas Bahamas, chamadas "Musha Cay and the Islands of Copperfield Bay".

Traxectoria Copperfield naceu como David Seth Kotkin en Metuchen, Nova Jersey,Witchel, Alex (24 de novembro de 1996). "A Maestro of the Magic Arts Returns to His Roots". The New York Times. Consultado o 6 de decembro de 2007. "David Seth Kotkin was born in Metuchen, N.J., 40 years ago; David Copperfield was born when David Kotkin turned 18, at the suggestion of the wife of a New York Post reporter. Which is why his passport reads David Kotkin, a k a David Copperfield." fillo de pais xudeus, Rebecca, perita de seguros, e Hyman Kotkin, propietario dunha xastrería en Warren, Nova Jersey, chamada Korby's. A nai de Copperfield naceu en Xerusalén, mentres que os seus avós paternos eran xudeus inmigrantes da URSS (hoxe, Ucraína).Ike Hughes (2006). "David Copperfield has made a career out of dazzling people". Lansing State Journal. Consultado o 22 de setembro de 2008. "His dad, who managed a men's clothing store, was the son of Russian immigrants. His mom was born in Jerusalem; both wanted him to go to college and into a profession."David Copperfield Bio (Biography) . / Celebrity Gossip (16 de setembro de 1956). Consultado o 15 de febreiro de 2012. En 1974, graduouse no Metuchen High School.

Cando tiña dez anos comezou a practicar a maxia como "Davino the Boy Magician" no seu barrio, e aos doce anos converteuse na persoa máis nova admitida na Society of American Magicians. Tímido e solitario, Copperfield viu na maxia un xeito de encaixar e máis adiante de coñecer mulleres. Cando era adolescente quedou fascinado con Broadway e coábase nos espectáculos, especialmente nos musicais de Stephen Sondheim e Bob Fosse. Con dezaseis anos, impartiu un curso de maxia na Universidade de Nova York.

Aos dezaoito anos, Copperfield entrou na Univeridade Fordham de Nova York, mais tres semanas despois abandonouna para interpretar o papel principal no musical The Magic Man en Chicago. Foi nese momento cando adoptou o nome artístico de "David Copperfield", pola novela de Charles Dickens porque lle gustaba como soaba. Copperfield cantaba, bailaba e creou o maioría das ilusións orixinais usadas no espectáculo, e The Magic Man converteuse no musical máis lonxevo na historia de Chicago Con dezanove anos creou o primeiro espectáculo "Magic of David Copperfield" no Pagoda Hotel de Honolulu.David Copperfield Bio from A&E

A súa carreira televisiva comezou cando foi descuberto polo produtor Joseph Cates, que lle produciu un especial de maxia en 1977 para a ABC chamado The Magic of ABC, ademais de varios especiais The Magic of David Copperfield para a CBS entre 1978 e 2001.

As súas ilusións inclúen a desaparición dun Learjet (1981), a desaparición e reaparición da Estatua da LiberdadeDavid Copperfield – Vanishing the Statue of Liberty. YouTube (1 de decembro de 2010). Consultado o 2 de febreiro de 2018.Jory, Tom (8 de abril de 1983) David Copperfield and the vanishing Miss Liberty. Associated Press via Kingman Daily Miner (1983), levitar sobre o Gran Canón (1984), atravesar a Gran Muralla Chinesa (1986), escapar da prisión de Alcatraz (1987), facer desaparecer un vagón do Orient Express (1991) e voar sobre o escenario durante varios minutos (1992).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Project Magic

Categoría:Nados no condado de Middlesex, Nova Jersey Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades da maxia Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia israelí‎ Categoría:Estadounidenses de ascendencia ucraína