The Nut Job é un filme de 2014 de animación por ordenador dirixido por Peter Lepeniotis, quen tamén escribiu o guión a carón de Lorne Cameron. Está protagonizado polas voces de Will Arnett, Brendan Fraser, Gabriel Iglesias, Jeff Dunham, Liam Neeson e Katherine Heigl. Stephen Lang, Maya Rudolph e Sarah Gadon tamén prestan a súa voz nos papeis secundarios. O filme baséase na curtametraxe animada de 2005 de Lepeniotis Surly Squirrel. Producido por Gulfstream Pictures, Redrover International e ToonBox Entertainment, foi estreado nos Estados Unidos o 17 de xaneiro de 2014, por Open Road Films. Cun orzamento de $43 millóns, é o filme de animación máis caro producido en Corea do Sur. O filme recadou $64,3 millóns en América do norte, cun total de $120,9 millóns recadados en todo o mundo.
Unha secuela, titulada The Nut Job 2: Nutty by Nature, foi estreada o 11 de agosto de 2017.
Personaxes Will Arnett como Surly Brendan Fraser como Grayson Gabriel Iglesias como Jimmy Jeff Dunham como Mole Liam Neeson como Raccoon Katherine Heigl como Andie Stephen Lang como Percy "King" Dimpleweed Maya Rudolph como Precious Sarah Gadon como Lana James Rankin como Fingers Scott Yaphe como Lucky Joe Pingue como Johnny Annick Obonsawin como Jamie
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados en 1959