Anita Faye Hill, nada en Lone Tree, Oklahoma o 30 de xullo de 1956, é unha profesora da Universidade de Brandeis (Waltham, Massachusetts), avogada e activista coñecida porque en 1991 acusou o candidato á Corte Suprema dos Estados Unidos, Clarence Thomas, de acosala sexualmente mentres era o seu supervisor na EEOC (Equal Employement Opportunity Commission) na década dos 80. A utilización durante o xuízo do concepto "acoso sexual" significou o dar a coñecer e popularizar un termo que dende mediados dos 70 xurdiu nos círculos do movemento feminista radical.

Xuízo contra Clarence Thomas O presidente naquel entón de Estados Unidos, George H. W. Bush, propuxo ó xuíz Clarence Thomas como nomeado á Corte Suprema en 1991. Este nomeamento trouxo diversas críticas debido a que Hill acusou ese mesmo ano a Thomas de acoso sexual. Nas audiencias de confirmación ó Senado de Thomas, Hill testificou que Thomas fixéralle achegamentos de índole sexual non desexados mentres el era o seu supervisor da EEOC na década de 1980.

Consecuencias Nese momento, a activista afroamericana viuse exposta a toda clase de críticas. Porén, un ano despois, en 1992, produciuse un aumento do número de norteamericanos que crían no seu testemuño. Isto serviu para levar o tema do acoso sexual á atención pública, provocando unha metamorfose nas relacións entre homes e mulleres no eido laboral. Aínda que non logrou frear a confirmación de Thomas como membro do máximo tribunal de xustiza dos Estados Unidos, o caso de Anita Hill serviu para destapar outros escándalos de abusos sexuais como o que concluíu coa destitución do secretario da Mariña dos Estados Unidos en xullo de 1992 tras investigarse que algunhas mulleres militares da Armada foron humilladas polos seus compañeiros durante unha Convención nas Vegas.

Notas

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade Yale