A Epipogium aphyllum é unha especie da familida das Orchidaceae.
Características É unha especie difícil de observar pola súa bioloxía. Non ten follas verdes e vive normalmente en forma de rizoma subterránea, asociándose a fungos que lle proporcionan o alimento. Só en anos cunhas condicións ótimas de humidade e temperatura desenrola un pequeno tallo con flores que saen á superficie. Isto acontece en poucos lugares e cada varios anos. Así no Reino Unido, volveuse a citar no 2010, tras 23 anos de vida. Por todo isto recibe o sobrenome de ghost orchid (orquídea pantasma) en inglés.
Distribución Vive en rexións mornas e frías de Europa e Asia. Está moi ligada ós faiais e abetais. E considérase un indicador de masas forestais maduras e ben conservadas. Debido á regresión dos bosques nas que vive, considérase unha especie ameazada.
Notas
Categoría:Orchidaceae Categoría:Orquídeas