miniatura|250px|Beatrix Potter de nena Helen Beatrix Potter, nada en Londres o 28 de xullo de 1866 e finada en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943, foi unha escritora, ilustradora, fabulista de literatura infantilLear 2007, p. 31, pp. 37-44, p. 458. e naturalista inglesa. O seu personaxe máis famoso é Peter Rabbit.
Traxectoria O pai de Potter, Rupert Potter, era avogado, aínda que pasaba a maior parte do seu tempo en clubs de cabaleiros, sen exercer a profesión.Lear 2007, pp. 10-14. A súa nai dedicábase a facer e recibir visitas.Lear 2007, pp. 13-24. Ambos os proxenitores eran entendidos en arteLear 2007, p. 21. e vivían das herdanzas das súas respectivas familias.Lear 2007, pp. 35-36.Rupert Potter foi membro da Photographic Society, máis tarde Royal Photographic Society de 1869 a 1912. Información de Michael Pritchard, Director-Xeral/ www.rps.org , 13 de maio de 2014. Beatrix e o seu irmán Bertam foron educados por neneiras e institutrices.Lear 2007, p. 55 Cando medrou, os seus pais, encargárona do fogar, dificultando o seu desenvolvemento intelectual. Un tío seu intentou que ingresase como estudante no Real Xardín Botánico de Kew, mais foi rexeitada por ser muller.
Animárona a publicar o seu relato The Tale of Peter Rabbit, mais tivo que loitar para atopar un editor ata que por fin foi aceptado en 1902. O libro e as obras que o seguiron foron moi ben recibidos e comezou a obter uns ingresos propios das súas vendas. Potter relacionouse sentimentalmente co seu editor, Norman Warne, aínda que o mantiveron en segredo porque os seus pais eran contrarios a que casase con calquera que precisase traballar para vivir. Warne faleceu de leucemia antes de que puidesen prometerse, o que agrandou a fenda que a separaba dos seus pais.
A base para os seus proxectos foron os pequenos animais que introducía furtivamente na casa ou que vía durante as vacacións familiares en Lake District ou en Escocia. Aos 47 anos, Beatrix Potter casou co seu avogado, William Heelis, co que non tivo fillos.
Potter escribiu vinte e tres libros, que foron publicados en pequeno formato, doado de manexar e ler polos nenos. Deixou de escribir arredor de 1920 debido á súa mala visión, aínda que a súa última obra, The Tale of Little Pig Robinson, foi publicada en 1930.
Nos seus últimos anos dedicouse a unha granxa de ovellas que adquirira en Lake District; gustáballe a paisaxe e coas regalías que procedían dos seus libros, xunto coa herdanza dos seus pais, adquiriu grandes parcelas de terra, que logo herdou o National Trust.Taylor, Artist, Storyteller, pp. 59-61; Elizabeth E. Battrick, (1999) Beatrix Potter: The Unknown Years; Lynn Barber, (1980) The Heyday of Natural History, Brian Gardiner, "Breatrix Potter’s Fossils and Her Interests in Geology", The Linnean, 16/1 (xaneiro de 2000), 31–-7; Lear 2007, p. 76-103; Potter, Journal, 1891–1897. Faleceu en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943.
Obras Os vinte e tres contos
The Tale of Peter Rabbit (1902) The Tale of Squirrel Nutkin (1903) The Tailor of Gloucester (1903) The Tale of Benjamin Bunny (1904) The Tale of Two Bad Mice (1904) The Tale of Mrs. Tiggy-Winkle (1905) The Tale of the Pie and the Patty-Pan (1905) The Tale of Mr. Jeremy Fisher (1906) The Story of a Fierce Bad Rabbit (1906) The Story of Miss Moppet (1906) The Tale of Tom Kitten (1907) The Tale of Jemima Puddle-Duck (1908) The Tale of Samuel Whiskers or, The Roly-Poly Pudding (1908) The Tale of the Flopsy Bunnies (1909) The Tale of Ginger and Pickles (1909) The Tale of Mrs. Tittlemouse (1910) The Tale of Timmy Tiptoes (1911) The Tale of Mr. Tod (1912) The Tale of Pigling Bland (1913) Appley Dapply's Nursery Rhymes (1917) The Tale of Johnny Town-Mouse (1918) Cecily Parsley's Nursery Rhymes (1922) The Tale of Little Pig Robinson (1930)
Outros libros
Peter Rabbit's Painting Book (1911) Tom Kitten's Painting Book (1917) Jemima Puddle-Duck's Painting Book (1925) Peter Rabbit's Almanac for 1929 (1928) The Fairy Caravan (1929) Sister Anne (ilustrado por Katharine Sturges) (1932) Wag-by-Wall (decorado por J. J. Lankes) (1944) The Tale of the Faithful Dove (ilustrado por Marie Angel) (1955, 1970) The Sly Old Cat (escrito en 1906; publicado por primeira vez en 1971) The Tale of Tuppenny (ilustrado por Marie Angel) (1973) The Tale of Kitty-in-Boots (ilustrado por Quentin Blake) (2016)
Adaptacións En 1971 estreouse o ballet The Tales of Beatrix Potter, dirixido por Reginald Mills, con música de John Lanchbery con coreografía de Frederick Ashton, e interpretado por primeira vez polo Royal Ballet e a orquestra da Royal Opera House.
En 1982, a BBC produciu The Tale of Beatrix Potter. Esta dramatización da vida de Potter foi escrita por John Hawkesworth, dirixida por Bill Hayes, e protagonizada por Holly Aird e Penelope Wilton como Beatriz de moza e de adulta, respectivamente. The World of Peter Rabbit and Friends, serie de televisión protagonizada por Niamh Cusack como Beatrix Potter, foi estreada en VHS.
En 2006, Chris Noonan dirixiu Miss Potter, filme biográfico da vida de Potter centrándose nos inicios da súa carreira e na súa relación co seu editor Norman Warne. Está protagonizado por Renée Zellweger, Ewan McGregor e Emily Watson.
O 9 de febreiro de 2018, Columbia Pictures estreou Peter Rabbit, dirixido por Will Gluck, baseado na obra de Potter.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Biografía e Textos en liña Beatrix Potter’s fossils and her interest in geology – B. G. Gardiner Collection of Potter materials at Victoria and Albert Museum Beatrix Potter online feature at the University of Pittsburgh School of Information Sciences Beatrix Potter Society, UK Exhibition of Beatrix Potter's Picture Letters at the Morgan Library Beatrix Potter Collection (digitized images from the Free Library of Philadelphia)
Categoría:Nados en Kensington e Chelsea Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Escritores de literatura infantil de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Ilustradores de Inglaterra Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Micólogos