miniatura|350px|Estrutura de dominios dos dous cininóxenos e xene do que proceden. Obsérvese o empalme alternativo no extremo 3', que afecta aos dominios 5 e 6. Os cininóxenos son proteínas precursoras das cininas, pero tamén teñen outras funcións. As cininas son péptidos bioloxicamente activos; a forma parental é a bradicinina.

Hai dous tipos principais de cininóxenos, que están codificados no mesmo xene humano (KNG) e o transcrito dese xene sofre un empalme alternativo na rexión 3′ orixinando dous transcritos diferentes, que dan lugar aos dous tipos seguintes de cininóxenos: Cininóxeno de alto peso molecular, que é producido principalmente polo fígado, pero é sintetizado en células endoteliais e está presente nas plaquetas e neutrófilos. Actúa como cofactor para a precalicreína, o factor XI e o factor XII nos sistemas da coagulación e inflamación. Non ten actividade encimática intrínseca. Estes cininóxenos de alto peso moleclar son clivados dando bradicinina e calidina polas calicreínas do plasma e dos tecidos. Cininóxeno de baixo peso molecular, que é producido localmente en numerosos tecidos e segregado xunto coa calicreína.

Existe un terceiro tipo, o cininóxeno T (T-kininogen), que se encontra en ratas, pero non en humanos.

Proteínas estreitamente relacionadas son as cistatinas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

O sistema formador de cininas en sav.sk

Categoría:Sistema cinina-calicreína