O cininóxeno de alto peso molecular (HMWK ou HK polas súas siglas en inglés) é unha proteína plasmática circulante que participa na iniciación da coagulación do sangue, e na xeración do vasodilatador bradicinina por medio do sistema cinina-calicreína. O HMWK é inactivo ata que se adhire a proteínas de unión baixo un endotelio alterado por unha lesión, iniciando así a coagulación, ou ben se une a células do endotelio intactas ou a plaquetas para outras funcións distintas da coagulación.

Outros nomes

No pasado o HMWK fora chamado factor HMWK-calicreína, factor de Flaujeac (1975), factor de Fitzgerald (1975), e factor de Williams-Fitzgerald-Flaujeac, epónimos de persoas nas que primeiro se observou a deficiencia de HMWK. O seu actual nome aceptado diferénciao do cininóxeno de baixo peso molecular (LMWK), que ten unha función similar á do HMWK nos tecidos (en vez de no soro) no sistema cinina-calicreína.

Estrutura e función miniatura|350px|Estrutura de dominios dos dous cininóxenos e xene do que proceden. Obsérvese o empalme alternativo no extremo 3', que afecta aos dominios 5 e 6. O HMWK é unha alfa-globulina con seis dominios funcionais. Circula como un polipéptido dunhha soa cadea de 626 aminoácidos. A súa proteólise pola calicreína orixina o péptido HMWKa e a bradicinina.C F Scott, L D Silver, A D Purdon e R W Colman. Cleavage of human high molecular weight kininogen by factor XIa in vitro. Effect on structure and function. Journal of Biological Chemistry. 5 de setembro, 1985. O HMWKa consta de dúas cadeas. A cadea pesada contén os dominios 1, 2 e 3; a cadea lixeira, dominios 5 e 6. O dominio 4 enlaza as cadeas pesada e lixeira e orixina a bradicinina.Weisel JW1, Nagaswami C, Woodhead JL, DeLa Cadena RA, Page JD, Colman RW. The shape of high molecular weight kininogen. Organization into structural domains, changes with activation, and interactions with prekallikrein, as determined by electron microscopy. J Biol Chem. 1994 Apr 1;269(13):10100-6. PMID 8144509.

Os dominios conteñen os seguintes sitios funcionais: Dominio 1 - unión ao calcio Dominio 2 - inhibición da cisteína protease Dominio 3 - inhibición da cisteína protease; unión a células endoteliais e plaquetas Dominio 4 - xeración de bradicinina Dominio 5 - unión a células e á heparina; propiedades antianxioxénicas; unión a superficies cargadas negativamente Dominio 6 - unión á precalicreína e ao factor XI (aminoácidos 420 a 510) (rica en histidina)

O HMWK é unha das catro proteínas que interaccionan para iniciar a vía de activación por contacto (tamén chamada vía intrínseca) da coagulación do sangue: as outras tres son o factor XII, o factor XI e a precalicreína. O HMWK non é activo encimaticamente e só funciona como cofactor para a activación da calicreína e o factor XII. Tamén é necesario para a activación do factor XI polo factor XIIa.

O HMWK é tamén o precursor da bradicinina; este vasodilatador é liberado por retroalimentación positiva pola calicreína.

O HMWK é un forte inhinbidor de cisteína proteinases. Os responsables desta actividade son os dominios 2 e 3 da súa cadea pesda.

Xenética

O xene para o LMWK e o HMWK é o mesmo e está localizado no cromosoma 3 (3q26). Este xene orixina por empalme alternativo dous transcritos, que se traducen nos dous tipos de cininóxenos.

Medida

A medida do HMWK faise xeralmente con estudos mixtos, no cal plasma deficiente en HMWK mestúrase coa mostra do paciente e determínase o tempo de tromboplastina parcial. Os resultados exprésanse nun % do normal, e un valor do 60% indica unha deficiencia.

Características clínicas

A existencia do HMWK foi hipotetizado en 1975 cando se describiron varios pacientes que tiñan unha deficiencia dun tipo de proteína do plasma e un tempo de sangría e tempo de tromboplastina parcial prolongados. Non hai un aumento do risco de hemorraxias nin ningún outro síntoma, polo que esta deficiencia é un carácter ou trazo, non unha doenza.OMIM - HIGH MOLECULAR WEIGHT KININOGEN DEFICIENCY 228960

Notas

Categoría:Coagulación do sangue Categoría:Sistema cinina-calicreína