Ubaldo Rueda Soto, nado na Vide (Monforte) en 1948, é un profesor de bacharelato e dirixente deportivo galego.

Traxectoria En 1968 marchou a estudar a París, onde comezou Filosofía e Literatura Francesa na Universidade de París 8 e na Sorbonne. Logo de licenciarse optou a unhas oposicións en España, aprobounas e foi destinado a un instituto de Bacharelato de Santiago de Compostela, o Instituto Rosalía de Castro, onde permaneceu desde 1977 ata a súa xubilación. En 1985 accedeu á súa dirección e mantivo o posto de novo ata o seu retiro en agosto de 2018.

Como director do centro de ensino, foi tamén presidente do club de baloncesto Rosalía de Castro. Tamén formou parte da directiva do Casino de Santiago, unha asociación cultural, da que chegou a ser vicepresidente e en 2018 era o seu presidente.

Galardóns En 2021 foi nomeado fillo adoptivo do concello de Santiago.

Notas

Categoría:Profesores Categoría:Alumnos da Universidade de París VIII Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Directivos deportivos Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes