Saleta Fernández Fernández, nada en Vigo, é unha tradutora galega.

Traxectoria Entre 1992 e 1996 cursou o grao de tradución e interpretación na Universidade de Vigo.Saleta Fernández en Linkedin. Entre 2000 ao 2003 obtivo na mesma universidade o título de profesora de tradución xeral alemán-galego e alemán-español.

Traballa sobre todo nos campos de turismo, mercadotecnia e publicidade, especializándose na tradución técnica: industria automotriz, maquinaria, e desenvolvemento de produtos: manuais de instrucións, páxinas web, catálogos etc.

Xunto con Lara Santos e María Reimóndez foi unha das fundadoras da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) en 2001, e impulsora con elas de todas as iniciativas que viñeron despois.Patricia Buján Otero AGPTI: Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, en lalinternadeltraductor.org .

Entre as súas traducións de obras literarias destacan Novela de xadrez, do escritor austríaco Stefan Zweig, (traducida ao galego en tándem con Patricia Buxán)Ficha en Cultura Galega. e a tradución ao castelán do libro Contos de ida e volta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Saleta Fernández en Linkedin , . Lista de profeionais da AGPTI. Luna Alonso, Ana: "O papel da tradutora no campo literario galego" Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 20 (Núm. especial) 2017: 147-156 (ver esp. a páx. 152).

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores ao castelán