Esdras (en hebreo Ezra עֶזְרָא, abreviación de עַזְרִיאֵל, "aquel que axuda, auxiliador") foi unha personaxe bíblica que segundo a tradición xudía liderou o segundo grupo de retorno dos israelitas que volveran de Babilonia en 457 a.C. Descendente de Aharón, o primeiro Sumo Sacerdote de Israel, Esdras era un escriba, entendido na lei de Moisés.
O seu nome é citado 30 veces na BibliaEsdras , consultado o 26 de xullo de 2010.
Traxectoria Esdras recibiu a orde do rei Artaxerxes para ir a Xerusalén. Polo texto, descoñécese se o rei ao que se refire a pasaxe é Artaxerxes I (465–424 a.C.) ou Artaxerxes II (404–359 a.C.). Levaría ofrendas para o templo, os xudeus que quixesen volver con el e persoas para traballar no templo (levitas, servidores do templo, porteiros, cantores). O obxectivo da misión era ver a condición espiritual do pobo xudeu. Coas ofrendas tería que comprar animais e outros produtos para seren empregados nos sacrificios. Esdras estaba tamén autorizado para nomear maxistrados e xuíces que xulgasen o pobo alén do río Éufrates.
Partiu de Babilonia e parou no río que corre cara a Aava. Alí descubriu que non había ningún levita e mandounos buscar en Casifia, onde os encontraron, ademais de servidores do templo. Fixeron logo xaxún para humillárense perante Deus e pediren protección na xornada.
Chegaron a Xerusalén e repousaron tres días. Pesaron o ouro e a prata dos obxectos para a casa de Xehová e tras isto, Esdras decatouse de que o pobo estaba en gran pecado, estaba mesturándose cos pobos doutras terras e desobedecendo a Deus. O pobo reuniuse con Esdras e arrepentiuse, despedindo as mulleres estranxeiras.
Libro de Esdras Segundo os estudosos, os libros de Esdras e Nehemías formaban un único libro, que logo foi separado en 1.º de Esdras e 2.º de Esdras. Despois o segundo recibiu o nome de Nehemías. Relatan acontecemento de entre o 538 e o 400 a.C. O tema central do libro é a organización da comunidade que se formou a partir da volta dos xudeus exiliados en Babilonia.
Algúns estudosos atribúenlle tamén a autoría do libro das Crónicas e que foi el quen compilou o Antigo Testamento. Tamén hai quen considera que complementou o libro do Deuteronomio, escribindo sobre a morte de Moisés.
A Biblia dos Setenta, tamén conta cun libro denominado Esdras IQual a verdadeira Bíblia? , consultado o 26 de xullo de 2010, inexistente na Biblia adoptada pola Igrexa Católica, que adoita referirse a el como Esdras III (apócrifo), mentres que os libros de Esdras e Nehemías na Biblia dos Setenta están reunidos nun único libro chamado de Esdras IIBiblia de Xerusalén, Nova Edição Revista e Ampliada, Ed. de 2002, 3ª Impresión (2004), Ed. Paulus, São Paulo, páx. 547.
A Igrexa Ortodoxa Etíope inclúe, alén do Esdras I, tamén un Esdras IV (Apocalipse de EsdrasApocalíptica , consultado o 26 de xullo de 2010) na súa Biblia.
Segundo as distintas coleccións de libros das diferentes comunidades crentes, existen diversos libros atribuídos ao escriba Esdras, que poden resumirse así: {| class="wikitable" style="text-align:center;"
|Texto masorético |Biblia católica |Vulgata |Septuaginta|Versións eslavas|Versión etíope|colspan="3"|Nomes alternativos'|- |1 || Ezra |Libro de Esdras |1 Esdras |rowspan="2"| 2 EsdrasB΄ Έσδρας|1 Esdras |rowspan="2"|Esdras-Nehemías |rowspan="2" colspan="3"|Esdras-Nehemías |- |2 |Nehemyah |Nehemías |2 Esdras |Nehemías |- |3 |rowspan="4"| non existe|1 Esdras (apócrifo) |3 Esdras (apéndice) |1 EsdrasA΄ Έσδρας |2 Esdras |2 Esdras |colspan="3"|Esdras grego |- |4 |rowspan="3"|2 Esdras (apócrifo) |rowspan="3"|2 Esdras (apéndice) |rowspan="3"|non existe|rowspan="3"|3 Esdras |Ezra Sutuel |(Cap. 3–14) |4 Esdrasou Apocalipse de Esdras |rowspan="3"|Esdras latino |- |5 |rowspan="2"|non existe| (Cap. 1–2) |5 Esdras |- |6 |(Cap. 15–16) |6 Esdras
Ezra no islam No islam, Esdras é coñecido como Uzair (), e aparece mencionado no Corán. Aínda que non está considerado como un dos profetas do islam, algúns estudosos musulmáns si o consideran, baseándose nas tradicións islámicas.Perón o Qur'an 9:30 cítao dicindo que é o "fillo de Deus" A súa tumba en Al-ʻUzair, na beira do río Tigris, preto de Basra (Iraq) é un lugar de peregrinación para os árabes dos pantanos.Environmental and Cultural Terrorism – The Destruction of Iraqi Marshes and Their Revival: Some Personal Reflections Con todo, outros estudosos islámicos e occidentais non identifican a Uzair como "Ezra"; por exemplo o profesor Gordon Darnell Newby asocia Uzair con Enoc e Metatron.
Historicidade miniatura|Lugar descrito tradicionalmente como a tumba de Esdras en Al-Uzayr, preto de Basra, Iraq. Mary Joan Winn Leith en The Oxford History of the Biblical World'' cre que Esdras é unha figura histórica cunha vida que foi realzada nas escrituras para darlle desenvolvemento teolóxico. Gosta W. Ahlstrom indica que as inconsistencias da tradición bíblica son insuficientes para dicir se Esdras, coa súa posición central como "o pai do xudaísmo", foi unha creación literaria posterior.Gosta W. Ahlstrom, The History of Ancient Palestine, Fortress Press, p. 888 Os que discuten a historicidade de Esdras indican que a presentación deste como líder e creador de leis lembra a Moisés, e que tamén hai semellanzas entre Esdras o escriba-sacerdote (mais non alto sacerdote) e Nehemías o gobernador segrar por unha banda e Xosué e Zerubbabel por outra. O escritor xudeu do século II a.C. Ben Sira eloxia a Nehemías, mais non menciona a Esdras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Libro de Esdras Ligazóns externas Jewish Encyclopedia: Ezra the Scribe Catholic Encyclopedia: Esdras
Categoría:Personaxes do Antigo Testamento Categoría:Personalidades do xudaísmo Categoría:Personalidades do islam