Mary Therese Winifred Robinson (de solteira, Bourke; en ), nada en Ballina o 21 de maio de 1944 é unha política e avogada irlandesa. En 1990 foi elixida Presidenta da República de Irlanda, a primeira muller que accedía á Xefatura do Estado nese país e a primeira presidenta que non tivo o apoio do Fianna Fáil.

Traxectoria Naceu no condado de Mayo en 1944, filla de dous médicos irlandeses. Estudou no colexio Colegio Mount Anville de Dublín e licenciouse en dereito polo Trinity College de Dublín. Continuou a súa formación no King´s Inns, Dublín e despois na Universidade Harvard. En 1969 foi nomeada Reid Professor of Law polo Trinity College onde estudara Crítica con algunhas ensinanzas da Igrexa Católica, deu un discurso de aceptación no que pedía unha revisión da lei, suprimíndose a prohibición do divorcio na constitución irlandesa, eliminando a prohibición do uso dos anticonceptivos e despenalizando a homosexualidade e o suicidio.Former Irish President Mary Robinson on Gay Rights, Sheryl Sandberg—and Pope Francis’s Future Vanity Fair, 15 de marzo de 2013

En 1970, casou con Nicholas Robinson, co que mantiña unha relación dende que eran compañeiros en dereito. O seu matrimonio cun protestante, causou desavinzas cos seus proxenitores, que non acudiron á voda. As desavinzas superáronas nos meses seguintes.

En 1975 comezou a súa carreira profesional como avogada e iniciou a carreira política coa elección ao Dublin City Council entre 1979 e 1983. Con todo, xa fora coñecida por ser un dos tres membros Seanad Éireann escollidos pola Universidade de Dublín, como senadores independentes, en 1969.

O 3 de decembro de 1995 foi elixida presidenta da República de Irlanda como independente, co apoio do Partido Laborista e o Partido dos Traballadores. Durante o seu mandato destacou a preocupación que mostrou polos irlandeses que, no transcurso dos anos, tiveran que marchar ao exterior para buscar traballo. Mellorou notablemente as relacións angloirlandesas, sendo a primeira Xefa de Estado irlandesa que visitaba a raíña Isabel II no Palacio de Buckingham. Foi tamén unha activa defensora dos dereitos humanos, e foi a primeira Xefa de Estado que visitou Haití tralo xenocidio. Estivo ademais en Marrocos en pleno período de crise en 1992 e apoio a creación do Tribunal Penal Internacional.

Ao finalizar a súa etapa presidencial, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, nomeouna Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos o 12 de setembro de 1998, ocupando o cargo ata 2005.

En 2006 foi elixida presidenta do programa Iniciativa para unha Globalización Ética, organización internacional encargada de facer presión aos gobernos que asinaron acordos internacionais sobre protección dos dereitos humanos para o seu cumprimento. Foi profesora da Universidade de Columbia e profesora extraordinaria da Universidade de Pretoria. En 2008 foi elixida presidenta da Comisión Internacional de Xuristas. Foi ademais presidenta do Club de Madrid, e membro de The Elders.

Premios e recoñecementos Entre os recoñecementos recibidos durante a súa vida destacan, a nivel profesional, o premio da Facultade de Dereito de Harvard (1995) e diversas condecoracións das universidades de Londres, Coímbra, California e Salamanca. É doutora honoris causa por trinta e unha universidades de todo o mundo.

A nivel político e social recibiu o Colar Hussein Bin Ali de Xordania, o premio Liberdade da Fundación Max Schmidheiny de Suíza), o Premio Fomento da Paz Félix Houphouët-Boigny da UNESCO, o Premio Indira Gandhi pola Paz, o Desarme e o Desenvolvemento (2000), o de Embaixadora de Conciencia (2004) que outorga Amnistía Internacional e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2006) e a Medalla Presidencial da Liberdade (2009).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Stephen Collins, Spring and the Labour Party (O'Brien Press, 1993) Eamon Delaney, An Accidental Diplomat: My Years in the Irish Foreign Service (1987–1995) (New Island Books, 2001) Garret FitzGerald, All in a Life (Gill and Macmillan, 1991) Fergus Finlay, Mary Robinson: A President with a Purpose (O'Brien Press, 1991) Fergus Finlay. Snakes & Ladders (New Island Books, 1998) Jack Jones, In Your Opinion: Political and Social Trends in Ireland through the Eyes of the Electorate (Townhouse, 2001) Ray Kavanagh, The Rise and Fall of the Labour Party:1986-1999 (Blackwater Press 2001) Gabriel Kiely, Anne o'Donnell, Patricia Kennedy, Suzanne Quin (eds) Irish Social Policy in Context (University College Dublin Press, 1999) Brian Lenihan, For the Record (Blackwater Press, 1991) Mary McQuillan, Mary Robinson: A President in Progress (Gill and Macmillan, 1994) Olivia O'Leary & Helen Burke, Mary Robinson: The Authorised Biography (Lir/Hodder & Stoughton, 1998) Michael O'Sullivan, Mary Robinson: The Life and Times of an Irish Liberal (Blackwater Press, 1993)

Lorna Siggins, The Woman Who Took Power in the Park: Mary Robinson, President of Ireland, 1990-1997 (Mainstream Publishing, 1997) Torild Skard, "Mary Robinson", Women of Power - Half a century of female presidents and prime ministers worldwide(Bristol: Policy Press, 2014) Outros artigos Principios de Yogyakarta The Elders Ligazóns externas Premio Príncipe de Asturias de las Ciencias Sociales 2006 Biografía nas Nacións Unidas Resultados das eleccións presidenciais de 1990 Biografía por CIDOB Biography en Áras an Uachtaráin Realizing Rights, fundada por Mary Robinson en outubro de 2002

Categoría:Nados no condado de Mayo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Presidentes de Irlanda Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Avogados Categoría:Alumnos da Universidade Harvard‎ Categoría:Premios Princesa de Asturias de Ciencias Sociais Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de Columbia Categoría:Profesores do Trinity College Dublin