O ithkuil é unha lingua construída experimental desenvolvida por John QuijadaJoshua Foer, "John Quijada and Ithkuil, the Language He Invented", The New Yorker, 24 de decembro de 2012. entre 1978 e 2011. Foi elaborada coa intención de expresar a cognición humana con máis clareza. A súa gramática é extremamente complexa e posúe unha énfase na categorización de elementos. Pode considerarse unha lingua tanto lóxica coma filosófica.

Ó formular unha frase en ithkuil, unha persoa debe considerar factores como que a motivou a formular tal frase, cal é seu obxectivo ó dicila, como se chegou ás afirmacións, entre outras cousas.

Diferente do esperanto, o ithkuil non foi creado para ser unha lingua auxiliar, senón unha lingua de sectores máis profundos tales como a filosofía, as ciencias, as artes e a política.Ithkuil FAQs

Ninguén, nin sequera o propio Quijada, é capaz de falar ithkuil.

Etimoloxía A palabra Iţkuîl en ithkuil pode traducirse como "representación hipotética dunha lingua".

Notas Referencias

Categoría:Linguas artificiais