Carlos Muiños Reboredo, tamén coñecido coma Carlos Dula, nado o 17 de agosto de 1941 en Redondela é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. É primo do tamén futbolista Germán Muíños.

Traxectoria Comezou a xogar a fútbol en varios equipos infantís de Redondela o mesmo tempo que practicaba outros deportes coma a natación é o wáter-polo, chegando a ser campión galego dos 200 m bolboreta en 1957.

En 1955 pasou a formar parte do equipo xuvenil do CD Choco, co que participou no campionato de España de 1957. Ese mesmo ano acadou o subcampionato galego de afeccionados co equipo sénior do club. Tras un ano no Zeltia de Porriño ficha polo Celta de Vigo no ano 1960, porén antes de comezar a tempada sae cedido ao seu club de orixe, o Choco CD recentemente ascendido á Terceira División, o ano seguinte repetiría cesión co mesmo detino.

No verán de 1962 ficha polo Pontevedra CF, equipo co que acada o ascenso a Primeira División e consegue debutar na máxima categoría a pesar de non contar con demasiadas oportunidades. En 1964 pasa ao Racing de Ferrol, no que milita durante cinco tempadas, ao final das cales ficha polo CD Choco onde se retira do fútbol.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol