miniatura|240 px|Agnieszka Holland miniatura|240 px|Pokot Agnieszka Holland, nada en Varsovia o 28 de novembro de 1948, é unha directora de cinema e televisión polaca.
Moi recoñecida polas súas contribucións á nova vaga do cinema polaco, Agnieszka Holland está considerada como unha das máis prominentes cineastas polacas.
Traxectoria Nada dunha parella de xornalistas, o seu pai Henryk Holland era xudeu e un prominente activista comunista que chegou a capitán do exército polaco.Agnieszka Holland profile, FilmReference.com; consultado o 24 de novembro de 2015. Pola contra, a súa nai era católica, mais Holland non foi criada en ningunha relixión.NPR: "Poland's Holland, Exploring Holocaust History Again" por Pat Dowell, 13 de febreiro de 2012 O pai de Holland perdera os seus proxenitores no ghetto durante o holocausto e pasou gran parte da súa vida adulta negando a súa orixe xudía. A nai de Holland participou no levantamento de Varsovia en 1944 como membro da resistencia e axudou a rescatar varios xudeus, motivo polo que recibiu unha medalla do Instituto Yad Vashem de Israel.
Ambos os proxenitores traballaron despois da guerra nun xornal local da cidade de Varsovia e debido a isto Holland sempre estivo en contacto con diversos temas políticos e sociais que afectaban a Polonia da época. Holland estivo moito tempo enferma cando era nena e pasou gran parte desa época escribindo, debuxando e dirixindo pequenas obras con outros nenos.Tibbets, John and Agnieszka Holland. “The Interview with Agnieszka Holland: The Politics of Ambiguity”, Quarterly Review of Film and Video. 25:2, pp. 132-43. Cando tiña once anos, os seus pais divorciáronse e a súa nai volveu casar cun xornalista xudeu, Stanislaw Brodski.
Holland graduouse na Academia de Cine e Televisión de Praga (FAMU)Na czeskiej fali, Agnieszka Holland - wywiad consultado o 9 de marzo de 2013 en 1971 e comezou a súa carreira como axudante de directores polacos como Krzysztof Zanussi (Illuminacja, 1973) e Andrzej Wajda, (Danton, 1982). O seu primeiro filme importante como directora foi Aktorzy Prowincjonalni (1978), unha crónica das tensas relacións entre os bastidores dunha pequena compañía de teatro que servía como metáfora da situación política polaca contemporánea. O filme gañou o premio internacional da crítica do Festival de Cannes (1980). Holland só dirixiu dous filmes máis en Polonia, Gorączka (1980) e Kobieta samotna (1981), antes de emigrar a Francia, en vésperas de que o xeneral Jaruzelski declarase o estado de sitio no país en decembro de 1981.
Holland foi candidata ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa po Bittere Ernte (1985), unha produción alemá sobre a fuxida dunha muller xudía durante a segunda guerra mundial. Non obstante, o filme máis destacado da directora é Europa Europa (1991), baseado na biografía de Solomon Perel, un adolescente xudeu que fuxiu de Alemaña a Polonio logo da noite dos cristais rotos en 1938. Tralo inicio da segunda guerra mundial e a invasión de Polonia, Perel fuxiu ao sector polaco ocupado pola Unión Soviética. Ao ser posteriormente capturado polos alemáns durante a Operación Barbarroxa en 1941, conseguiu convencer un oficial alemán de que tamén era alemán e viuse enrolado nas Xuventudes Hitlerianas. O filme converteuse no filme alemán de máis éxito nos Estados Unidos, gañando o Globo de Ouro e logrando unha candidatura ao Oscar ao mellor guión adaptado.
Como amiga do escritor e director polaco Krzysztof Kieślowski, Holland colaborou no guión do seu filme Trois couleurs: Bleu. Como Kieślowski, Holland frecuentemente analiza temas relacionados coa fe no seu traballo. Nunha entrevista concedida en 1988, a directora afirmou que a pesar de que as mulleres eran importantes nos seus filmes, o feminismo non é o tema central da súa obra, e engadiu que cando facía os seus filmes en Polonia baixo o réxime comunista, dábase unha atmosfera de solidariedade interxenérica contra a censura.
Vida privada A súa filla Kasia Adamik tamén é directora de cinema.
Filmografía Grzech Boga ("Jesus Christ's Sin", 1970) Wieczór u Abdona ("Evening at Abdon's", 1975) Obrazki z życia: dziewczyna i "Akwarius" ("Pictures from Life: A Girl and Aquarius", 1975) Niedzielne dzieci ("Sunday Children", 1977) Zdjęcia próbne ("Screen Tests", 1976) Coś za coś ("Something for Something", telefilme, 1977) Aktorzy prowincjonalni ("Provincial Actores", 1978) Gorączka ("Fever", 1980) Kobieta samotna ("A Lonely Woman", 1981) Postcards from Paris (telefilme, 1982) Interrogation (1982) Culture (documental, 1985) Bittere Ernte ("Angry Harvest", 1985) To Kill a Priest (1988) Europa Europa (1990) Olivier, Olivier (1992) The Secret Garden (1993) Red Wind (telefilme, 1994) Total Eclipse (1995) Washington Square (1997) The Third Miracle (1999) Shot in the Heart (2001) Golden Dreams (documental, 2001) Julie Walking Home (2002) Copying Beethoven (2005) The Wire Episodio 3.08 "Moral Midgetry" (2004) Episodio 4.08 "Corner Boys" (2006) Episodio 5.05 "React Quotes" (2008) A Girl Like Me: The Gwen Araujo Story (2006) Ekipa (2007) Janosik. Prawdziwa historia (2009) The Killing Episodio 1.06 "What You Have Left" (2011) Episodio 1.09 "Undertow" (2011) Episodio 2.01 "Reflections" (2012) Treme Episodio 1.01 "Do You Know What It Means" (2010) Episodio 1.10 "I'll Fly Away" (2010) Episodio 2.10 "That's What Lovers Do" (2011) Episodio 4.05 "...To Miss New Orleans" (2013) W ciemności ("In Darkness", 2011) Hořící keř ("Burning Bush", miniserie, 2013) Rosemary's Baby (2014) House of Cards Episodio 3.10 "Chapter 36" (2015) Episodio 3.11 "Chapter 37" (2015) Episodio 5.10 "Chapter 62" (2017) Pokot (2017)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Agnieszka Niezgoda (conversas), Jacek Laskus (fotografía). Hollywood PL. Beyond The Dream: Personal Roads to The Silver Screen. (Varsovia, 2013) Wydawnictwo Hollywood PL. ISBN 978-83-932192-1-6 Agnieszka Holland, "Viewing History through the Filmmaker's Lens," conferencia do 1 de decembro de 2013 na National Gallery of Art, Washington DC. Ligazóns externas Entrevista con Holland sobre Kieslowski Agnieszka Holland en Culture.pl
Categoría:Directores de cinema de Polonia Categoría:Guionistas de Polonia Categoría:Directores de televisión Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Nados en 1948