Ready Player One é un filme estadounidense de 2018 producido e dirixido por Steven Spielberg, e escrito por Zak Penn e Ernest Cline, baseado na novela homónima de Cline. Está protagonizado por Tye Sheridan, Olivia Cooke, Ben Mendelsohn, Lena Waithe, T.J. Miller, Simon Pegg e Mark Rylance. A historia está situada no ano 2045, cando a maioría da humanidade emprega o software de realidade virtual OASIS para fuxir da desolación do mundo real. O adolescente orfo Wade Watts (Sheridan) descobre as pistas dun xogo oculto dentro do programa que promete ó gañador a propiedade total de OASIS, e únese a varios aliados para intentar completar o xogo antes de que unha grande empresa dirixida polo empresario Nolan Sorrento (Mendelsohn) poida facelo.

Ready Player One estreouse en South by Southwest o 11 de marzo de 2018, e foi distribuído por Warner Bros. Pictures nos cinemas dos Estados Unidos o 29 de marzo de 2018, en 2D, Real D 3D, IMAX e IMAX 3D. Recadou $582 millóns en todo o mundo, converténdose no sexto filme con maior recadación de 2018. Foi recibido con valoracións positivas por parte da crítica, que louvou os seus efectos visuais, ritmo rápido e a intepretación de Rylance. O filme ten algunhas diferenzas significativas respecto do libro; algúns críticos afirmaron que o argumento do filme supón unha mellora do material fonte.

Personaxes Tye Sheridan como Parzival / Wade Watts Olivia Cooke como Art3mis / Samantha Cook Ben Mendelsohn como Nolan Sorrento Lena Waithe como Aech / Helen Harris T.J. Miller como i-R0k Simon Pegg como Curator / Ogden Morrow Mark Rylance como Anorak / James Halliday Philip Zhao como Sho / Zhou Win Morisaki como Daito / Toshiro Hannah John-Kamen como F'Nale Zandor

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2018 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes ambientados en 2045 Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX