A Quiet Place é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por John Krasinski, que tamén é o protagonista a carón da súa muller na vida real, Emily Blunt. O filme foi producido por Platinum Dunes. Scott Beck e Bryan Woods comezaron a traballar na historia en 2014, e Paramount Pictures mercou o seu guión en 2017. Krasinski uniuse ó proxecto como director e escribiu unha nova versión do guión. A fotografía principal tivo lugar ese ano no estado de Nova York. En A Quiet Place, unha familia debe vivir en silencio mentres se agocha de criaturas extraterrestres que os cazan polo son.
A Quiet Place estreouse en South by Southwest o 9 de marzo de 2018, e estreouse nos Estados Unidos o 6 de abril de 2018, por Paramount Pictures. Converteuse nun grande éxito comercial, recadando $332 millóns en todo o mundo, e recibiu a aclamación da crítica, que louvou a súa orixinalidade e atmosfera, así como as actuacións, dirección e deseño de son, chamándoo un "intelixente, malvadamente arrepiante bo tempo." A secuela estreouse o 28 de maio de 2021.
Personaxes Emily Blunt como Evelyn Abbott John Krasinski como Lee Abbott Millicent Simmonds como Regan Abbott Noah Jupe como Marcus Abbott Cade Woodward como Beau Abbott Ezekiel e Evangelina Cavoli como o bebé Abbott. Javier Botet como criatura extraterrestre (sen acreditar).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Krasinski Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes sobre xordos Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 2020 Categoría:Filmes ambientados en 2021 Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Platinum Dunes Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre o embarazo