O reino bagrátida de Armenia, tamén coñecido como Armenia bagrátida (en ou Բագրատունիների թագավորություն, Bagratunineri t’agavorut’yun), foi un estado independente creado por Ashot I de Armenia en 885 despois de case dous séculos de dominación árabe de Armenia baixo o califato Omeia e o Abbásida. Coas dúas potencias contemporáneas da rexión, os abbássidas e os bizantinos, demasiado preocupados por concentrar as súas forzas en someter os pobos da rexión e na disipación das diversas familias armenias nobres nakharar, Ashot foi quen de reafirmarse como a figura principal dun movemento para expulsar os árabes de Armenia.
O prestixio de Ashot aumentou cando a súa subida ao poder foi festexada polos dous líderes bizantinos e árabes, desexosos de manter un estado tampón preto das súas fronteiras. O califato recoñeceu a Ashot como "príncipe de príncipes" en 862 e, máis tarde, como rei no ano 884 ou 885. O estabelecemento do reino bagrátida (tamén chamado Bagratuni) máis tarde, implicou á fundación de diversos principados e reinos armenios: Taron, Vaspurakan, Kars, Khachen e Siunia. Ter-Ghevondyan, Aram N. «Բագրատունիների Թագավորություն» (Bagratuni Kingdom). Soviet Armenian Encyclopedia. vol. ii. Yerevan, Armenian SSR: Armenian Academy of Sciences, 1976, p. 202. Baixo o reinado de Ashot III, Ani converteuse na capital do reino e nun centro económico e cultural florecente. Ghafadaryan, Karo. «Անի» (Ani). Soviet Armenian Encyclopedia. vol. i. Yerevan: Armenian SSR: Armenian Academy of Sciences, 1974, pp. 407-412.
A primeira metade do século XI viu a decadencia e o eventual colapso do reino. Cunha sucesión de vitorias do emperador Basilio II que supuxo a anexión de partes do suroeste de Armenia, o rei Hovhannes-Sembat III viuse na obriga de ceder as súas terras, e en 1022 comprometeuse por "vontade propia", a confiar o seu reino aos bizantinos trala súa morte. Porén, despois da morte de Hovhannes-Sembat en 1041, o seu sucesor, Gagik II, negouse a entregar Ani e a resistencia continuou até 1045, cando o seu reino, cheo de ameazas internas e externas, finalmente foi tomado polas forzas bizantinas.Bournoutian. Concise History, p. 87.
Historia miniatura|esquerda|270px|Emirato de Armenia baixo mandato árabe, antes do estabelecemento da dinastía Bagratuni. Contexto O debilitamento do Imperio Sasánida durante o século VII supuxo o xurdimento doutro poder rexional, o dos árabes musulmáns. Os árabes omeias conquistaran grandes extensións de territorio no Oriente Medio e, en dirección cara ao norte, comezaron a facer incursións periódicas en territorio armenio no ano 640. Teodoro Reshtuni, o Curopalate armenio, asinou un tratado de paz co califato, aínda que a continuación da guerra cos árabes e os bizantinos axiña conduciu a unha maior destrución por toda Armenia. En 661, os líderes armenios acordaron someterse ante o poder musulmán, mentres que estes recoñeceron a Grigor Mamikonian, da poderosa familia nakharar Mamikonian, como ishkhan (ou príncipe) de Armenia. A rexión pasou a chamarse "al-Arminiya", provincia gobernada por un ostikan e con capital na cidade de Dvin.
Porén, o mandato Omeia en Armenia medrou en crueldade a comezos do século VIII. As revoltas contra os árabes espalláronse por toda Armenia até 705, cando baixo o pretexto dunha reunión de negociacións, o ostikan árabe de Nakhichevan masacrou a case toda a nobreza armenia.Ter-Ghevondyan. Arab Emirates, p. 44. Os árabes tentaron reconciliarse cos armenios, mais o aumento dos impostos, o empobrecemento do país por mor da falta de comercio e a preferencia dos Omeia da familia Bagratuni no canto dos Mamikonian (outras familias nobres incluían os Artsruni, Kamsarakan e Reshtuni) impediuno. Aproveitando a caída dos omeia polos abbásida, concibiuse unha segunda rebelión. Non obstante, tamén fracasou en parte por mor da tensa relación entre as familias Bagratuni e Mamikonian. O fracaso da rebelión tamén supuxo a case desintegración da casa Mamikonian coa perda de control de case todas as súas terras (os membros da familia Artstruni foron quen escapar e de estabelecerse en Vaspurakan).
En 774 tivo lugar unha terceira e última rebelión, derivada de queixas semellantes ás da segunda, e liderada por Mushegh Mamikonian co apoio doutros nakharars. Os árabes abbásida, marcharon contra Armenia cun exército de 30 000 homes e sufocaron a rebelión e os seus instigadores na batalla de Bagrevand o 24 de abril de 775, deixando un oco a encher para a única familia intacta, os Bagratuni.Ter-Ghevondyan. Arab Emirates, p. 45.
Ascenso dos Bagratuni
A familia Bagratuni fixera todo o posible para mellorar as súas relacións cos califas abbásida dende que tomaran o poder en 750. Os abbásida sempre tiveron sospeitas sobre a apertura da familia, mais a comezos da década de 770, a súa relación mellorou drasticamente: os membros da familia axiña foron recoñecidos como líderes dos armenios na rexión.Bournoutian. Concise History, p. 74. Trala terceira rebelión, na que os Bagratuni non participaron, e a dispersión de varias familias principescas, a familia quedou sen rivais. Non obstante, calquera oportunidade para tomar o control da rexión complicouse por mor da inmigración árabe a Armenia e o nomeamento de emires por parte do califa para gobernar os distritos administrativos de nova creación (emiratos).
Afortunadamente para os armenios, o número de árabes que residían en Armenia nunca creceu abondo para formar unha maioría e os emiratos tampouco foron totalmente subordinados ao califa.Bournoutian. Concise History, pp. 74-75. Como observou o historiador George Bournoutian, "a fragmentación da autoridade árabe proporcionou a oportunidade para rexurdimento" da familia Bagratuni liderada por Ashot Msaker (o "Comedor de Carne").Bournoutian. Concise History, p. 75.
Ashot comezou a anexionar as terras que antes pertencían a familia Mamikonian e fixo campaña activa contra os emires como un sinal da súa lealdade ao califato, que en 804 lle outorgou o título de ishkhan.Ter-Ghevondyan. Arab Emirates, pp. 68-69. Trala súa morte en 826, Ashot legou a súa terra a dous dos seus fillos: o maior, Bagrat Bagratuni, recibiu Taron e Sasun e tamén herdou o prestixioso título de ishkhanats ishkhan (príncipe de príncipes), mentres que o seu irmán, Sembat I, converteuse no sparapet de Sper e Tayk.
Porén, os irmáns non foron quen de resolver as súas diferenzas nin de formar unha fronte unida contra os musulmáns. Unha nova rebelión armenia contra o dominio árabe estalou en 850 dirixida por Bagrat e Ashot Artzruni de Vaspurakan, mais ao igual que as revoltas anteriores, non tivo éxito: un exército árabe liderado polo xeneral turco Bugha al-Kabir capturou a Bagrat, Sembat e outros príncipes armenios e sufocou brutalmente a rebelión.Ter-Ghevondyan. Arab Emirates, pp. 83–86.
Estabelecemento do reino miniatura|esquerda|270px|Ascenso do Reino de Armenia baixo a dinastía bagrátida. A sorte dos armenios mudou en 867 co ascenso do emperador Basilio I de Bizancio, cuxas existosas campañas militares contra os árabes debilitaron o mandato abbásida en Armenia. En 857, Sembat foi sucedido polo seu fillo Ashot I, quen comezou a reconquistar territorios anteriormente en mans dos árabes. Asumiu o título de príncipe de príncipes en 862 e nomeou o seu irmán Abas como sparapet cando comezaron a expulsar os árabes dende a súa base en Tayk. Os seus esforzos iniciais de botar o ostikan de Arminiya fracasaron, aínda que non o disuadiron de aproveitarse da rivalidade entre árabes e bizantinos. Arakelyan, Babken N. «Աշոտ Ա» (Ashot I). Soviet Armenian Encyclopedia. vol. i. Yerevan: Armenian SSR: Armenian Academy of Sciences, 1974, pp. 486-487.
Ao principio, foi celebrado por un Bizancio desesperado por asegurar o seu franco oriental para dirixir toda a súa forza contra os árabes, aínda que Ashot declarara a súa lealdade ao Imperio Bizantino, os líderes bizantinos proseguiron coa súa continuada petición de que a Igrexa apostólica armenia fixese concesións á Igrexa ortodoxa.Garsoian. "The Independent Kingdoms of Medieval Armenia" in The Armenian People from Ancient to Modern Times, Volume I, The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century. Richard G. Hovannisian (Ed.) New York: Palgrave Macmillan, 1997, p. 146. . Convocouse un sínodo dos líderes da igrexa armenia e enviouse unha misiva cargada de redacción equívoca a Constantinopla, que fixo posible un acordo temporal entre as dúas igrexas. En calquera caso, as diferenzas relixiosas importaban pouco aos bizantinos tendo en conta a ameaza dos árabes.Garsoian. "Independent Kingdoms", p. 147. En 884, o califa Al-Mu'tamid, reaccionado ás peticións dos príncipes armenios e os líderes relixiosos, e máis importante, os riscos de seguridade na que Armenia caera baixo a órbita bizantina, envioulle unha coroa a Ashot, recoñecéndoo como rei. Este feito non pasou desapercibido para Basilio, quen tamén lle enviou unha coroa. Ashot trasladou o seu trono á fortaleza da cidade de Bagaran e foi aquí onde se celebrou a cerimonia da súa coroación entre os anos 884 e 885.
Polo tanto, Ashot restaurou a monarquía armenia e converteuse no primeiro rei de Armenia dende o ano 428.Toumanoff, Cyril. "The Bagratids." Iranica. Consultado o 4 de setembro de 2018. Obtivo o favor tanto dos bizantinos como dos árabes, pero en última instancia, amosou lealdade a Basilio e optou forxar unha alianza cos bizantinos no ano 885.
Ashot non era o único príncipe armenio da rexión (existían outros principados en Syunik, Vaspurakan e Taron), pero tivo o apoio dos outros príncipes cando recoñeceron a súa autoridade na súa subida ao trono.Grigoryan. Principality of Taron, pp. 116–117. Na súa condición de rei, a súa autoridade tamén traspasou as súas fronteiras até os estados veciños de Xeorxia, Albania caucásica e varios dos emiratos árabes. O reinado de Ashot foi breve, e despois da súa morte en 890, foi sucedido polo seu fillo Sembat I.
Sembat I miniatura|270px|dereita|O reino de Vaspurakan, formado en 908. Sembat I foi corado rei no ano 892, despois dun breve intento do seu tío Abas de perturbar a súa sucesión no trono. Sembat continuou a política do seu pai de manter relacións cordiais cos bizantinos mais era conscientes dos temores dos árabes sobre unha alianza armenio-bizantina. Falando co ostikan árabe Muhammad Ibn Abi'l-Saj (Afshin), Sembat convenceuno de que a alianza non só sería proveitosa para Bizancio e Armenia senón que tamén favorecería economicamente aos árabes.Ter-Ghevondyan. Arab Emirates, p. 242. Sembat tamén conseguiu unha gran vitoria cando o 21 de abril de 892, recuperou a cidade histórica de Dvin que estaba en baixo dominio árabe.
Os éxitos de Sembat detivéronse ó pouco tempo cando Afshin decidiu que non podería permitir unha Armenia poderosa tan preto dos seus dominios. Volveu capturar Dvin e conseguiu que a muller de Sembat fose a súa refén até que a liberou en troques do fillo e o sobriño de Sembat. A guerra contra Armenia continuou mesmo despois da morte de Afshin en 901, cando o seu irmán Yusuf Ibn Abi'l-Saj se converteu en ostikan de Arminiya. Xa que o reino de Yusuf non foi inmediatamente hostil, Sembat cometeu unha serie de erros que provocavon que varios dos seus aliados lle desen as costas: intentando aplacar ó seu aliado oriental, Sembat de Syunik, cedéndolle a cidade de Nakhichevan, Sembat inadvertidamente levou a Gagik Artsruni de Vaspurakan aos brazos de Yusuf xa que a cidade formaba parte dos dominios de Gagik.Ter-Ghevondyan. Arab Emirates, p. 123. Yusuf aproveitou este enfrontamento ao outorgar a Gagik unha coroa en 908, converténdose así no rei Gagik I de Vaspurakan e creando un estado armenio oposto ao encabezado por Sembat.