miniatura|Ausencia de mulleres nas negociacións para un acordo de pesca entre Mauritania e a Unión Europea. A fenda de xéneroBrechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar (en inglés gender gap) é unha construción analítica e empírica que xorde da diferenza entre as categorías dunha variábel en relación coas taxas masculinas e femininas. Destaca as desigualdades existentes entre homes e mulleres en calquera ámbito, en relación co nivel de participación, acceso a oportunidades, dereitos, poder e influencia, remuneración e beneficios, control e uso dos recursos, que lles permiten garantir o seu benestar e desenvolvemento humano. As fendas de xénero exprésanse en todas as áreas do desempeño, como a económica, social, laboral, cultural, sanitaria etc. Fúndanse na xerarquización das diferenzas entre homes e mulleres e exprésanse de distinta maneira segundo a área de que se trate.
Historia Foi a feminista estadounidense Eleanor Smeal quen utilizou por primeira vez o concepto "gender gap" en 1980 aplicado na política, para explicar as diferenzas no voto de homes e mulleres na política dos Estados Unidos, e sinalando que a fenda de xénero sería decisiva na elección do novo presidente do país. En 1984, Eleanor Smeal escribiu un libro sobre a fenda de xénero: Why and How Women Will Elect the Next President (Harper & Row).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fenda dixital de xénero Desigualdade de xénero Diferenza salarial de xénero Índice de potenciación de xénero Índice de desenvolvemento humano relativo ao xénero
Categoría:Socioloxía Categoría:Feminismo