A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física é unha das facultades da Universidade da Coruña. Creouse o 1 de xaneiro de 2004 como consecuencia da integración na UDC do antigo Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF Galicia), que creara pola Xunta de Galicia en 1986 e comezara a súa actividade docente no curso 1987-1988.

Ten a súa sede en Pazos (Liáns) e Bastiagueiro (Perillo), no concello de Oleiros.Campus de Bastiagueiro. Universidade da Coruña.

Historia e características A principios da década de 1980 considerouse a conveniencia de constituír o Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF Galicia) tomando como modelo o de Madrid, que fora creado en 1961. Dependía, naquel tempo, da Delegación Nacional de Educación Física e Deportes. A través da Lei de Cultura Física e do Deporte de 1980 estableceuse a equivalencia dos títulos outorgados polo INEF aos de natureza universitaria: Licenciado e Diplomado. Mediante Orde de 22 de xullo de 1982 o centro se adscribe á Universidade Politécnica de Madrid de forma provisional. Máis especificamente, o Real Decreto 1670/1993, de 24 de setembro, eleva a oficial o título universitario de Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Mediante o Real Decreto 155/1998, do 14 de setembro de 199, o INEF converteuse en Facultade, que quedou definitivamente adscrita á UPM.

Con estes precedentes, o INEF Galicia foi creado pola Xunta de Galicia mediante o Decreto de 30 de outubro de 1986, comezando a funcionar o ano seguinte como centro de educación superior para formar profesores de educación física e do deporte, para a educación, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns de Galicia. Nese momento tan só existían 5 centros en España; en 2018 había máis de 40 universidades que ofertan esta formación.

O INEF de Galicia creouse no concello de Oleiros. Desenvolveuse rapidamente, incrementando progresivamente a súa capacidades humanas e materiais.

Por Decreto da Xunta de Galicia, o 1 de xaneiro de 2004 o INEF Galicia integrouse na Universidade da Coruña, como Facultade propia, pasando a denominarse Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.Decreto 444/2003, do 18 de decembro, de traspaso do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEFG) á Universidade da Coruña. DOG Núm. 249 do 24 de decembro de 2003.

Desenvolve basicamente as súas actividades en Galicia, de onde recibe principalmente ao seu alumnado (o 77 %), aínda que tamén se incorporan estudantes doutras comunidades de España (20 %) ou do estranxeiro (3 %).

Instalacións Contiguos ao edificio central da Facultade encóntrase o ximnasio e o Judo Club UDC e, en fronte, ao outro lado da estrada AC-173, a pista de atletismo.

Titulacións impartidas As titulacións impartidas en 2018 na facultade eran: Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (en extinción). Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (implantada no curso 2009-2010). Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)

Departamentos da UDC con representación na Facultade Os departamentos cos que conta a Facultade son: Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia Ciencias da Saúde Computación Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Economía Educación Física e Deportiva (departamento con sede na Facultade) Empresa Física e Ciencias da Terra Matemáticas Pedagoxía e Didáctica Psicoloxía Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Equipo de goberno O Equipo do goberno da Facultade está formado por: Xurxo Dopico Calvo, decano María del Castillo Obeso, vicedecana Miguel Ángel González Valeiro, vicedecano José Luía Tuimil López, vicedecano Luís Morenilla Burló, secretario

Notas

Véxase tamén Bibliografía UDC. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Rafael Martín Acero: De INEF de Galicia a Facultad de Ciencias del Deporte y la Educación Física como servicio a la sociedad . Universidade da Coruña. Memoria justificativa del programa de doctorado "Ciencias del deporte, educación física y actividad física saludable" .

Outros artigos Universidade da Coruña

Ligazóns externas Páxina web da Facultade

Categoría:Facultades da Universidade da Coruña Categoría:Oleiros Categoría:Deporte