Ramona Fuentes Arias, nada en Marín en 1952, é unha escritora, tradutora e profesora galega de lingua castelá.
Traxectoria É licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, residente en Vigo, onde exerceu a docencia no IES Santa Irene.
Colaborou en publicacións como Cadernos Ramón Piñeiro ou A Trabe de Ouro.
Foi candidata pola Frente Popular Galega nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997,"Resolución do 22 de setembro de 1997 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" DOG. 2001"Resolución do 24 de setembro de 2001 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" e 2005."Resolución do 23 de maio de 2005 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…"
Obra Narrativa
O mar que nos leva (2018). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9121-451-9. ePub: ISBN 978-84-9121-455-7. Memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Novela.O mar que nos leva na páxina web de Xerais. O tradutor de sombras (2022). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-135-6. ePub: ISBN 978-84-1110-129-5.
TraduciónsFicha da autora na páxina web da Biblioteca de tradución galega. Do francés ao galego Quen lle ten medo ó lobo?, de Fanny Joly (1990). Xerais. Omni, alarma nuclear, de Jan Bosschaert (1990). Xerais. Cómic. Na Bretaña misteriosa, de Alain Dodier. (1990). Xerais. Cómic. Mortos en vida, de Alain Dodier (1991). Xerais. Cómic. Xogo de tres, de Alain Dodier (1991). Xerais. Cómic. Como unha novela, de Daniel Pennac (1993). Xerais.Cotradución, con Emma Lázare Rodríguez. miniatura|Presentando O tradutor de sombras con Fran Alonso e Ramón Rozas na Libraría Paz de Pontevedra, 2022
Do portugués ao galego O lobo guerrilleiro, de Bento da Cruz (1996). Xerais. A loba, de Bento da Cruz (2000). Xerais.
Do galego ao castelán Amor de Artur, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1990). Debate. miniatura|Con Xosé Ramón Pena no Club Faro de Vigo, abril 2022En el vientre del silencio, de Xosé Luís Méndez Ferrín (2002). Txalaparta.
Premios
Premio da Crítica de Galicia 2019 por O mar que nos leva.
Premio Losada Diéguez, modalidade Creación literaria por O tradutor de sombras.
Vida persoal
Filla de Antonia Arias Díaz e mais de Manuel Fuentes Blanco, é irmá de Manel e Antonia Fuentes Arias. É parella de Xosé Luís Méndez Ferrín, con quen tivo a Oriana Méndez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Políticos da FPG Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao galego
Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Nados en Marín
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela