Capuchino pardo (Sapajus apella) é unha especie de primate do Novo Mundo orixinaria de América do Sur. Tradicionalmente, foi considerada a especie de primate máis estendida do Neotrópico, mais segundo as recentes consideracións do Sapajus libidinosus, Sapajus nigritus e Sapajus xanthosternos como especies separadas dun xénero novo, a área da especie capuchino pardo quedaría limitada á bacía do río Amazonas e áreas veciñas.
É unha especie omnívora que se alimenta de froitas e invertebrados, aínda que ás veces tamén se alimenta de pequenos vertebrados (como lagartos e crías de paxaros) e outras partes das plantas. Pode encontrarse en diferentes tipos de ambientes, incluíndo selvas tropicais, subtropicais e bosque seco, así como en bosque secundario.
Ó igual que outros capuchinos, é un animal social que forma grupos de 8 a 15 individuos que son liderados por un alfa ou macho dominante.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Janson, Charles H. (2001) "Capuchin-like Monkeys". in: MacDonald, D. (red.), The New Encyclopedia of Mammals, Oxford: Oxford University Press, p. 344–353. Nowak, R.M. (1999) Walker's Primates of the World. Baltimore e Londres: the Johns Hopkins University Press. p. 113–115.
Categoría:Mamíferos do Brasil Categoría:Mamíferos da Güiana Francesa Categoría:Mamíferos de Güiana Categoría:Mamíferos de Suriname Categoría:Mamíferos de Venezuela Categoría:Animais descritos en 1758