Tamaš Padziava (en ), nado o 6 de febreiro de 1906 no distrito de Miory (Belarús) e finado o 2 de outubro de 1975 en Londres, foi un teólogo e relixioso católico belaruso.
Traxectoria Logo de rematar a súa educación básica, estudou no ximnasio Stefan Batory dos marianos en Druja. En 1926 ingresou na Congregación dos Padres Marianos, facendo os votos en 1927. Entre 1929 e 1935 estudou en Roma, no Pontificio Colexio Ruso e na Pontificia Universidade Gregoriana, doutorándose en Filosofía en 1931 e licenciándose en Teoloxía en 1935. O 23 de decembro de 1934 foi ordenado sacerdote por Mykolai Charnetskyi.
Comezou o seu ministerio na rexión de Harbin, en Manchuria, onde foi profesor no Liceo de San Nicolao e en dúas escolas femininas das ursulinas.
O 22 de decembro de 1948 foi expulsado da China e entregado ás autoridades soviéticas. Foi arrestado pola NKVD en Chita, onde estivo arredor dun ano. En 1949 foi sentenciado a 25 anos de traballos forzados, e foi enviado ao campo de Taishet. En 1955 foi liberado e deportado a Polonia, residindo inicialmente no mosteiro de Grudziądz, e posteriormente nos de Gietrzwałd, Varsovia, Głuchołazy, novamente en Grudziądz, Licheń Stary e Włocławek.
Na década de 1960 acadou sona polo seu labor ecuménico, difundindo os seus coñecementos sobre as igrexas católicas orientais. Publicou artigos nas revistas Božym šliacham e Źnič, e colaborou na sección belarusa de Radio Vaticana. En 1969 marchou a Roma, e logo dun breve período, trasladouse a Londres, onde exerceu o seu ministerio entre os belarusos da diáspora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados na rexión de Viciebsk Categoría:Sacerdotes católicos de Belarús Categoría:Sacerdotes católicos da China Categoría:Sacerdotes católicos de Polonia Categoría:Sacerdotes católicos do Reino Unido Categoría:Finados en 1975 Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción Categoría:Relixiosos católicos de Belarús Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Ruso Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana