Dagoberto Miguel Peña Rincón, nado o 14 de xuño de 1988 en Santo Domingo, é un ex xogador profesional de baloncesto dominicano. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de ala.

Traxectoria O 16 de febreiro de 2016 fichou polo Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.Dago Peña jugará en el Leyma Básquet Coruña O 6 de xullo de 2016, Peña e o equipo coruñés chegaron a un acordo para renovar o seu contrato unha tempada máis. O 31 de xaneiro de 2017 desvinculouse do Básquet Coruña para xogar no filial do FC Barcelona, equipo pertencente tamén á LEB Ouro.

Tras ser elixido no mellor quinteto da LEB Ouro na tempada 2016-17, asinou un contrato por dúas tempadas co CB Estudiantes da Liga ACB. O 20 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo CB Breogán da Liga LEB Ouro.Dago Peña, un bombardeiro toma terra no Leite Río Breogán

O 21 de agosto de 2020, anunciouse a súa volta ó Básquet Coruña por unha tempada.

En maio de 2026 foi condenado a 60 anos de cárcere nos Estados Unidos despois de ser considerado culpable de múltiples cargos relacionados coa explotación sexual de menores e a posesión de material gráfico de abuso infantil, feitos polos que fora arrestado un ano antes no condado de Charlotte, en Florida, onde traballaba como adestrador dun equipo de baloncesto dunha escola de educación secundaria .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Santo Domingo Categoría:Xogadores de baloncesto da República Dominicana Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet B‎ Categoría:Xogadores do CB Estudiantes‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán