Kenneth Donald Cameron é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-37, STS-56 e STS-74. Pasou un total de 23,42 días no espazo.

Traxectoria Cameron naceu o 29 de novembro de 1949 en Cleveland, Ohio. É graduado en ciencia aeronáutica e astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978, e máster polas mesmas materias en 1979. Graduouse na Escola de Pilotos de Proba da Armada dos Estados Unidos en 1983. Fixo varios cursos de idioma ruso e sistemas espaciais rusos no MIT, o JSC e o Centro de Adestramento Cosmonauta Gagarin en Moscova. Ten un máster en administración de empresas pola Universidade do Estado de Míchigan en 2002. Está casado e ten dous fillos. Entre as súas afeccións están o atletismo, a carpintería e o motociclismo.

Foi seleccionado como candidato pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Formou parte da tripulación das misións STS-37 como piloto e das STS-56 e STS-74 como comandante.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-37 STS-56 STS-74

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Ohio