Dr. Mata é unha serie de televisión colombiana, dirixida por Sergio Cabrera, producida e emitida por RCN Televisión. Baseada na historia do famoso asasino Nepomuceno Matallana e ambientada na década de 1940, contén elementos de realidade e ficción. Estivo protagonizada antagónicamente por Enrique Carriazo, xunto ás actuacións de Yuri Vargas, Geraldine Zivic, Luis Fernando Hoyos e Nicolás Rincón.
Sinopse É o final da segunda guerra mundial. O mundo celebra os xuízos de Nuremberg e chora a morte de Manolete. Na Arxentina, Evita convértese en raíña dos Descamisados, e en Colombia Jorge Eliécer Gaitán demostra o seu poder de convocatoria na marcha dos fachos. Nese escenario, unha empregada do servizo peta na porta das casas señoriais e as portas dos xulgados en Bogotá, buscando xustiza. Sinala a Buenaventura Nepomuceno Matallana, poderoso e rico avogado, como o responsable da desaparición do seu patrón. Ninguén lle cre.
Merceditas Ramos, a empregada, pon as súas escasas probas en mans do xornalista máis famoso da época, Félix González Robledo, famoso polas súas crónicas policiais. González Robledo une forzas cun avezado investigador, Benito Capote e xuntos comezan a examinar as actuacións do adiñeirado avogado Matallana. Axiña, Merceditas e os seus investigadores atopan probas de ducias de desaparecidos. Non están fronte a un asasino corrente senón fronte a un asasino en serie.
Por conta do trío de investigadores, o prestixioso Matallana vai ao cárcere co seu nome convertido nun alias: “Doctor Mata”. O home xura vinganza contra Merceditas e o asasinato de Jorge Eliécer Gaitán bríndalle a oportunidade. O Bogotazo abre as portas de tódolos cárceres e Mata xa está entre as rúas incendiadas buscando a Mercedes.
Personaxes Enrique Carriazo como Buenaventura Nepomuceno Matallana Yuri Vargas como Mercedes Ramos "Merceditas" Geraldine Zivic como Cecilia 'La Mona' Arias Luis Fernando Hoyos como Félix González Robledo Humberto Dorado como Xuíz Genaro Alvarado Margalida Castro como Bertha Montenegro de Matallana Nicolás Rincón como Benito Capote Sandra Hernández como Lucía Naranjo Jairo Camargo como Alfredo Ferro Villegas César Mora como Pablo Céspedes Alberto Valdiri como Alejandro Orozco Johnny Acero como Jorge Eliécer Gaitán Germán Escallón como Cipriano Jorge Herrera como Perucho Judy Henríquez como Angelines Ramirez
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión de Colombia Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión finalizadas en 2014 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014