Vasylii Ihor Medvit (en ; en ), nado en Przemyśl (RP de Polonia) o 23 de xullo de 1949 e finado en Varsovia o 12 de setembro de 2024, foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo curial da arquieparquía maior de Kíiv-Galicia dende 2004.

Traxectoria O 2 de febreiro de 1980 profesou como membro da Orde de San Basilio Magno, facendo os votos solemnes o 1 de xaneiro de 1984. Foi ordenado sacerdote polo papa Xoán Paulo II o 31 de maio do mesmo ano. Até 1986 foi vicepresidente do Pontificio Colexio Ucraíno de San Xosafat de Roma, e posteriormente volveu a Polonia, exercendo o seu ministerio nas parroquias ucraínas de Banie Mazurskie e Kruklanki até 1989.

O 30 de marzo de 1994 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Hadriane. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv Myroslav Ivan Liubachivskyi o 12 de xullo. A finais de 1996 foi nomeado visitador apostólico para os fieis ucraínos de Kazakhstán e o Asia central.

O 20 de setembro de 1997 foi nomeado exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod, cargo que ocupou até o traslado da arquieparquía maior a Kíiv, pasando a ser bispo curial da mesma o 6 de decembro de 2004. Entre 2001 e 2004 foi tamén secretario do Sínodo dos Bispos da Igrexa católica ucraína.

O 17 de marzo de 2009 foi nomeado bispo auxiliar de Donetsk-Kharkhiv, até a súa renuncia o 25 de outubro de 2013.

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Przemyśl Categoría:Finados en 2024 Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Bispos católicos de Kazakhstán Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI