Ashot I (en ; c. 820 – 890) foi un rei armenio que gobernou durante o comezo da segunda idade de ouro de Armenia (862 – 977). Foi coñecido como Ashot o Grande (Աշոտ Մեծ) e era o fillo de Sembat VIII o Confesor, membro da dinastía Bagratuni.

Traxectoria Primeiros anos Ashot naceu contra o ano 820, fillo de Sembat VIII o Confesor e a súa muller Hripsime. Sembat VIII era sparapet (comandante supremo) e o fillo de Ashot Msaker, o príncipe de Amenia (r. 806–826). Ashot tamén tivo un irmán chamado Abas. A familia, os Bagratunis, era unha das máis poderosas do reino, xunto ós Artsruni. Ámbalas dúas familias loitaron polo poder durante a guerra contra os invasores árabes. O reino foi posteriormente asumido polos armenios que derrocaron o goberno árabe. Sembat VIII foi exiliado a Samarra, onde morrería. Ashot continuou vivindo na residencia de seu pai, que se atopaba na cidade de Bagaran. Casou con Katranide. Ó igual que o seu pai, Ashot foi nomeado sparapet en 856 polo califa abbásida al-Mutawakkil.

Príncipe de príncipes de Armenia miniatura|A fronteira árabe-bizantina durante a vida de Ashot. Durante as guerras arabobizantinas, a maioría do territorio de Ashot atopábase preto da principal zona de conflito. En 862, Ashot foi recoñecido como Príncipe de Príncipes de Armenia polo califa al-Musta'in, quen o considerou unha medida de protección a prol do goberno autónomo do emir local. Este título garantiulle a Ahot o status de rei de facto e colocouno a un nivel de poder semellante ó dos emires, pero non lle permitía ter un goberno e unha administración sobre o reino. Ashot conservou este status durante os reinados dos califas al-Mu'tazz (866–869), al-Muhtadi (869–870) e al-Mu'tamid (870–892).

Ashot anexionou Bagrevand en 862, pouco despois da morte do gobernante e líder da dinastía Mamikonian, Grigor Mamikonian. Ashot mediou entre Grigor-Derenik Artsruni e Gurgen Artsruni, curmáns e membros da familia Artsruni que controlaba Vaspurakan. Ashot capturou a Grigor-Derenik e reduciu o tamaño dos cantóns arredor de Van. Posteriormente, Ashot liberou a Grigor-Derenik para evitar máis conflitos coa familia Artsruni. Ashot arranxou un matrimonio entre a súa filla, Sophie, e Grigor-Derenik, co obxectivo de reconciliarse. Ashot tamén fortaleceu as relacións coa dinastía Siunia arranxando outro matrimonio entre a súa segunda filla, Mariam, co príncipe Vasak Gabur IV. Estas lazos familiares axudaron a fortalecer as relacións entre os fillos de Ashot e as demais dinastías.

Ashot usou o seu apoio para comezar unha guerra contra os emires. Comezou derrotando os Kaysites de Manazkert en 863, coa axuda do seu irmán e sparapet, Abas Bagratuni. En 877, comezou a loitr contra o emir de Barda a carón do seu ostikan; porén, o fracaso deste ostikan provocou a súa substitución. O novo ostikan fixo en segredo un pacto de paz co emir e traizoou a Ashot. Ashot aprendeu desta conspiración na súa contra e enviou a Abas a desarmar o ostikan en Dvin; Abas escortouno até a fronteira seguindo as indicacións de Ashot para evitar as represalias do califa. Ashot derrotou os emires de Barda eManazkert, poñendo sitio a esta última cidade en 884; porén, o sitio cesou prematuramente. O asedio provocou que Grigor-Derenik se preocupase polas fronteiras de Taron, que estaba baixo o control de Grigor-Derenik. Ashot conseguiu o control das rexións de Gugark e Utik a comezos de 860.

O poder de Ashot estendeuse até a Iberia caucásica, onde algúns membros da familia Bargatuni se asentaran a finais do século VII. Alí, arredor do ano 875, formou unha alianza con Bagrat I de Iberia, o seu irmán político, contra o irmán de Bagrat, Guaram Mampali. Xuntos, Ashot e Bagrat derrotaron a Guaram. En 881, Ashot formou unha alianza con David I de Iberia e Adarnase IV de Iberia, o fillo e o neto de Bagrat respectivamente, para derrotar o fillo de Guaram, Nasra of Tao-Klarjeti.

Rei de Armenia miniatura|300px|As fronteiras da Armenia bagrátida dende 884 até 962. Varios armenios prominentes daquela época, incluíndo Grigor-Derenik Vaspurakan, insistiron na coración de Ashot. Ashot foi corado rei de Armenia a través do consentimento do califa al-Mu'tamid en 885 para previr a intrusión en territorio armenio de Basilio I, un emperador bizantino de orixe armenia. Como resultado da coroación, Ashot restaurou a monarquía armenia e converteuse en fundador do reino medieval de Armenia, tamén coñecido como Armenia bagrátida, chamada así pola dinastía gobernante, os Bagratunis. O reino bagrátida durou até o ano 1045, cando foi anexionado polo Imperio Bizantino.

Malia o seu novo status, Ashot permaneceu subordinado ó califa e foi sometido á supervisión dos emires de Acerbaixán. Todo príncipe armenio estaba baixo a autoridade de Ashot (aínda que no efecto de primus inter pares). Dvin e os emiratos de Manazkert e Karin (e, segundo Constantino VII, Khoy e Salmas) tamén estiveron baixo o control de Ashot, a pesar da falta de aceptación dos gobernos locais. O emir de Manazkert foi deste xeito derrotado e forzado a someterse ó mandato de Ashot en 885.

A influencia de Ashot continuou non só en Armenia senón tamén en Iberia. Despois da morte de Grigor-Derenik Artsruni en 887, Ashot puxo ó seu propio neto (e o fillo de Grigor-Derenik), Ashot-Sargis Artsruni, baixo o coidado do seu parente Gagik Aboumerwan Artsruni. En 887 e 888, Ashot apoiou ó seu sobriño Adarnase IV de Iberia no derrocamento de Bagrat I de Abkhazia. Tamén en 888, Ashot enviou ó seu irmán Abas a Kars para deter unha rebelión liderada polo príncipe Sahak-Mleh de Vanand.

Ashot viaxou a Gugark para deter outra rebelión, loitando a carón do seu fillo e herdeiro, Sembat I. Morreu en 890. O historiador contemporáno Hovhannes Draskhanakerttsi dá unha conta da súa morte:

Sembat I sucedeuno.

Crecemento armenio baixo o seu goberno A restauración de Ashot da monarquía armenia veu acompañado dun crecemento económico e un rexudir das artes e da relixión. Diversas construción culturais foron restauradas e renovadas. Baixo o reinado de Ashot, foi creado o primeiro khachkar en 879 como un tributo á muller de Ashot, Katranide. Tamén se produciu un certo crecemento urbano e floreceu a agricultura. Os viñedos convertéronse nunha industria moi exitosa.

Relixión miniatura|Mosteiro de Sevanavank, fundado en 874 pola filla de Ashot, Mariam, e doado por Ashot. Ashot apoiou a Igrexa apostólica armenia durante o seu reinado. Ashot viu a posibilidade de fusionar a igrexa coa Igrexa ortodoxa bizantina, debido á influencia do Imperio Bizantino na rexión, e temía que o Imperio Bizantino lle negase a súa reclamación ó trono. En 862, cando o Patriarca de Constantinopla Focio I intentou unir a Igrexa armenia enviando dúas cartas ós católicos Zacarías I e Ashot, Zacarías e Ashot reuníronse en consello en Yerazgavors; a ambigua resposta foi formulada por Ashot. Ashot continuou a recibir comunicacións epistolares; en 882, recibiu unha carta cunha Vera Cruz concedida ós católicos Mashtots I, que era amigo de Ashot (a cruz perdeuse). Ashot tamén apoiou o desexo da Igrexa armenia de separarse da Igrexa da Albania Caucásica. Ashot doou varios tesouros ós católicos armenios para distribuílos nas igrexas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 890 Categoría:Historia de Armenia