miniatura|300px O xenocidio armenio (en ; Hayots tseghaspanutyun, e en ) (tamén coñecido coma holocausto armenio ou masacre armenio) é o termo normalmente empregado para facer referencia á deportación masiva e á morte durante a mesma dun número indeterminado de civís armenios, estimado en varios centos de miles ou máis dun millón, no goberno dos Mozos Turcos no Imperio Otomán, dende 1915 até 1917, durante a primeira guerra mundial.

Varios puntos en relación co xenocidio armenio son aínda hoxe materia dunha ardua discusión entre Turquía e a comunidade internacional. Aínda que non nega que os asasinatos de civís armenios ocorreran na realidade, o goberno turco non admite que se tratase dun xenocidio, argumentando que as mortes non foron a resulta dun plan de exterminio masivo organizado polo estado otomán, senón que, en troques, foron causadas polas loitas étnicas, as enfermidades e a fame durante o confuso período da primeira guerra mundial. A pesar desta tese, case tódolos estudosos -até algúns turcos- opinan que os feitos encádranse na definición actual de xenocidio. Unha listaxe crecente de países recoñecen oficialmente a autenticidade do "Xenocidio armenio".

Nestes intres son 29 os Estados que oficialmente o definen coma un xenocidio. miniatura|300px|Mapa que indica os países que recoñeceron o xenocidio armenio

Os armenios en Anatolia miniatura|150px|Sultán Abdul Hamid II. En 1914, antes do estoupido da primeira guerra mundial, no Imperio Otomán había unha poboación estimada de 2 millóns de armenios, sendo a meirande parte deles de fe Apostólica Armenia, e sendo a minoría deles católicos e protestantes. Mentres que a poboación armenia se concentraba principalmente no leste de Anatolia, había tamén unha comunidade armenia de tamaño considerable no oeste, especialmente na capital, Istanbul, onde aínda hoxe habita unha minoría armeniaIstanbul Armenians .

Os armenios eran tradicionalmente coñecidos como Millet-i Sadıka ("Nación leal") polos turcos, posto que semella que vivían en harmonía cos outros grupos étnicos do Imperio sen conflitos de importancia coa autoridade central, a pesar das diferenzas étnicas e relixiosas, e de que estaban submisos ás leis islámicas dhimmi, que lles concedían menos dereitos cós súbditos musulmáns do ImperioWe and They: Armenians in the Ottoman Empire .

O goberno de Tanzimat deulle máis dereitos ás minorías a mediados do século XIX. Non obstante, no longo mandato do Sultán Hamid suspendeuse a constitución e gobernouse como el quixo. A pesar da presión sobre o Sultán por parte dos principais países europeos para tratar con máis coidado ás minorías cristiás, o abuso tan só medrou.

Con todo, durante a segunda metade do século XIX comezaron a difundirse entre os armenios movementos de ideoloxía nacionalista. O Imperio Otomán, que tivo que aceptar no Tratado de San Stefano a independencia de Romanía, Serbia e Montenegro, ademais da semi-independencia de Bulgaria, quería evitar por tódolos medios a creación dun estado armenio, previsiblemente pro-ruso, no leste de Anatolia.

Masacres hamídicos miniatura|Caricatura política francesa que amosa ó sultán Abdul Hamid II como un carniceiro polas súas accións contra os armenios otománs. Entre 1894 e 1897 producíronse os chamados "masacres hamídicos", polo nome do sultán que os ordenou, Abdul Hamid II, coñecido como o "Sultán Vermello". O número de vítimas armenias nas matanzas hamídicas foi calculado polo etnógrafo William Ramsay nunhas 200.000Os cálculos oscilan, poden verse as diferentes cifras, incluíndo as de Ramsay, en armeniangenocide.com , e a meirande parte de estimacións varían entre os 80.000 e os 300.000 armenios asasinados, sendo esta última sinalada como máis achegada á realidadegenocidioarmenio.org dá 300.000 vítimas..

Masacres de Cilicia ou de Adana miniatura|Un pobo de Armenia saqueado e derruído despois dos masacres de Adana, no ano 1909 Unha década despois, entre o 14 e o 27 de abril de 1909 tivo lugar unha segunda onda de matanzas, coñecidas como "masacres de Cilicia" ou "masacres de Adana", e que coincidiron coa contrarrevolución dos partidarios do sultán Abdul Hamid II que fora forzado a restaurar a constitución otomá como resultado da revolución dos Mozos Turcos en 1908. Nestas matanzas calcúlase que morreron uns 30.000 armenios, aínda que non hai, con todo, acordo canto ás cifras. Foron un preludio do Xenocidio armenio e se perpetraron en zonas rurais cilicianas e en distintas vilas: Adana, Hadjin, Sis, Zeïtoun, Alep, Dört YolAkcam. A Shameful Act páx 69..

I Guerra Mundial Contexto Dende a fin do século XIX, un grupo de opositores ó Sultán Abdul Hamid II formouse e deu orixe ó Comité de Unión e Progreso (CUP), composto esencialmente de nacionalistas ou de progresistas turcos - que en Europa son chamados «Mozos Turcos». O CUP recibe o apoio de numerosos movementos que representan as minorías do Imperio, incluídos os movementos independentistas e autonomistas armenios como Dashnak. Porén esta alianza circunstancial atopa o seu límite nunha cuestión crucial, a da creación dun Estado armenio autónomo ou independente. Os Mozos Turcos chegan a derrubar ó sultán en 1909 co apoio dos movementos minoritarios, e pasan a dirixir entón o Imperio Otomán. O CUP non acepta a creación dun Estado armenio, polo que os movementos independentistas deixan de apoialos e procuran novas alianzas na rexión, particularmente preto dos rusos.

miniatura|esquerda|Armenios defendendo Van, na primavera de 1915. O 1 de novembro de 1914, despois de seren solicitados por Alemaña, o Imperio Otomán entra na primeira guerra mundial do lado das potencias centrais. Novas frontes ábrense entón, sobre a fronteira caucásica con Rusia.O 3ª exército otomán que se precipitou sen preparación loxística no entón territorio ruso, en concreto atacou ás forzas rusas na cidade de Kars, é esmagada en xaneiro de 1915, na Batalla de Sarikamish. Os dirixentes do CUP deciden sacar proveito á guerra para resolver definitivamente, polo medio da exterminación dos armenios, a «Cuestión armenia» (Ermeni sorunu) que, dende o Congreso de Berlín de 1878, é un dos puntos máis espiñosos da «Cuestión de Oriente». Ademais, animados por unha ideoloxía nacionalista turca, ven nos armenios un obstáculo á súa unificación étnica en Anatolia e á súa expansión nos países turcófonos de Asia central.

A xustificación dada é que se trataba dunha reacción fronte ás desercións dos armenios que se produciran en certas rexións (en parte causadas polas condicións inflixidas ós cristiáns no exército otomán), pero sobre todo fronte a algúns actos illados de resistencia: o caso máis importante, Van, que o goberno presentou como unha revolución, un levantamento, versión desmentida por tódolos informes das testemuñas italianas, alemás ou americanas (cónsules, misioneiros, mestres, ...) que explican que o armenios organizaron a defensa da cidade para evitaren o seu masacre.

Os masacres En febreiro de 1915, o comité central do partido e os ministros de guerra do gabinete, Talat e Enver, prepararon secretamente un plano de destrución que será executado nos meses seguintes. É presentado oficialmente como un traslado da cidadanía armenia -que o goberno acusa de colaborar co inimigo ruso- lonxe da fronte. De feito, a deportación é tan só a máscara que cobre unha operación de aniquilamento de tódolos armenios do Imperio, como proba o exame dos feitos.

A primeira medida é o desarme dos soldados armenios enrolados no exército otomán. Son empregados en traballos de servizo de vías públicas ou de transporte e, no curso do ano 1915, eliminados en pequenos grupos. Despois os Mozos Turcos, na pescuda de probas dun complot armenio, proceden a perseguir e arrestar en primeiro lugar ós notables de Constantinopla, ordenadas o 24 e 25 de abril. De tal xeito truncábase o progreso artístico, cultural e intelectual do pobo armenio. A destrución das poboacións armenias é operada en dúas fases sucesivas: de maio a xullo de 1915 nas sete provincias orientais de Anatolia (Erzurum, Van, Bitlis, Diyarbakır, Karput, Sivas, Trebisonda) onde viven preto dun millón de armenios, e que están máis ou menos próximos ó escenario da guerra; logo, a finais de 1915, noutras provincias do Imperio afastadas da fronte (o que quita toda a verosimilitude á acusación de colaboración co inimigo).

Nas provincias orientais, as operacións desenvólvense do mesmo xeito. As secuencias ocorren sistematicamente en cidades e vilas: pescuda nas casas dos persoeiros e relixiosos; arresto destes persoeiros; torturas para facerlles confesar o complot e os escondedoiros de armas; deportación e execución dos prisioneiros preto da cidade; publicación dun aviso de deportación; separación dos homes que, amarrados en pequenos grupos, son executados nos arredores das cidades; evacuación da totalidade da poboación armenia repartida en convois de mulleres, nenos e persoas de idade que deixan a cidade en intervalos regulares, a pé, cun pequeno equipaxe; separación no convoi de mulleres e nenos conducidos a fogares musulmáns ; eliminación regular dos convois polos encargados de os escoltar, de bandas kurdas ou de milicianos recrutados para este fin.

Uns poucos millares de persoas sobreviviron a esta deportación. Nas vilas, segundo as testemuñas, todos os armenios foron asasinados, a excepción dalgunhas mulleres e nenos. Nas vilas de Bitlis e de Diarbékir, case tódolos armenios foron asasinados no mesmo lugar.

No resto do Imperio, o programa toma a forma dunha deportación, conducida en parte do traxecto por tren. Os convois de deportados converxen en Alepo, en Siria, onde a Dirección xeral da instalación das tribos e dos deportados os repartiu segundo dous eixos: ó sur, cara a Siria, o Líbano e Palestina - unha parte sobrevivirá; ou ó leste, ó longo do río Éufrates, onde os campos de concentración, verdadeiras trampas mortais, son improvisados. Os deportados son empurrados pouco a pouco cara Deir-es-Zor. Unha vez alá, en xullo de 1916, son enviados ó deserto de Mesopotamia onde son asasinados en pequenos grupos ou morren de sede. Os derradeiros reagrupamentos de deportados ó longo do camiño de ferro de Bagdad, a Ras-ul-Aïn, en Intilli son, tamén, eliminados en xullo de 1916. Soamente sobreviven un terzo dos Armenios: aqueles que vivían en Constantinopla e Esmirna, aqueles secuestrados, os armenios da vila de Van, salvados polo avance do exército ruso e algúns deportados dos campos do sur.

Proceso e campos de deportacións 300px|miniatura|Mapa representando os lugares de deportación e exterminio O 25 de maio de 1915 por orde de Talat Paşa (Ministro de Interior) evacuáronse forzosamente a centos de miles, posiblemente máis dun millón, armenios de toda Anatolia (excepto partes da costa oeste) a Mesopotamia, o que é agora Siria. Moitos foron á vila siria de Dayr az-Zawr e ó seu deserto de arredor. O feito de que o goberno turco ordenara a evacuación dos armenios étnicos considérase hoxe fóra de toda dúbida e non se discute. Afírmase, baseándose nunha boa cantidade de evidencias circunstanciais, que o goberno otomán non proveu ningún equipamento nin subministracións para o coidado dos armenios nin durante a súa deportación, nin cando chegaron ó seu destino. O goberno otomán tamén impediu ós deportados de se subministrar por eles mesmos. As tropas otomás que vixiaban e escoltaban ós armenios non só permitiron a outros roubar, matar e violar ós armenios, senón que a miúdo participaron nesas mesmas actividades eles mesmos. En calquera caso as previsibles consecuencias da decisión do goberno de desprazar ós armenios levou a un número significativo deles á morte.