Esta é unha lista sobre os ataques violentos (tiroteos, atropelos masivos...) en Europa durante o 2018. Os autores destes ataques non se corresponden con organizacións terroristas internacionais.
Tipo de ataque
Clase de ataque Número de ataques Mortos Feridos Ataque con coitelo 10 10 33 Tiroteo 3 4 6 Atropelo masivo 1 3 20
Autores dos ataques
Número de ataques cometidos por un home cometidos por unha muller Nacional Estranxeiro Solicitante de asilo Refuxiado 14 11 2 24 3 1 1
+ Idade dos atacantes <18 19-63 >64 8 9 0
Motivo do ataque Orixinario Estranxeiro Descoñecido 1 3 Problemas mentais 2 1 Motivación racial 1 0 Antisemita 1 0 Xenofobo 2 0
Ataques por mes
Xaneiro
3 de xaneiro
: Unha serie de ataques con coitelos en Dundalk, deixa 1 morto e 2 feridos. O autor é un home de 18 anos, concretamente un solicitante de asilo exipcio. A policía detivoo.
Febreiro
4 de febreiro
: Un tiroteo contra inmigrantes africanos en Macerata, deixa 6 feridos. Este tiroteo produciuse por unha cuestión racial. O autor é un home de 28 anos que responde ao nome de Luca Traini, xa foi detido. Despois, se averigou que o perpetrador do tiroteo militaba no partido da Liga Norte.
6 de febreiro
: Unha serie de ataques, tanto verbais coma físicos contra inmigrantes en diferentes lugares de Polonia, deixa o seguinte balance: na cidade de Łódź foron atacados un portugués, tres alemáns e un indio. No mes de xaneiro deste ano en Breslau déronlle unha malleira a un indio. En Varsovia, un home atacou verbalmente ao grito de 'Polonia para os polacos' a unha muller turca. Na cidade de Breslau encóntrase o grupo neonazi Renacemento Nacional Polaco.
23 de febreiro
: Un tiroteo en Zürich, deixa 2 mortos. Non se trata dun ataque terrorista. Descoñecese o motivo do ataque.
Marzo
7 de marzo
: Unha serie de dous ataques con armas brancas en Viena, deixa un total de 4 feridos graves. O autor fuxiu do lugar. Máis tarde, a policía detivo a un sospeitoso, un home de 23 anos que provén de Afganistán.
Abril
7 de abril
: Un atropelo masivo na cidade de Münster deixa 3 mortos, incluído o autor do ataque e 20 feridos, seis deles de gravidade. O autor é un home de 48 anos que corresponde ao nome de Jens R., un cidadán alemán que tiña problemas psiquiátricos, de conduta agresiva e que quería suicidarse.
Maio
19 de maio
: Un tiroteo na cidade de Saarbruecken, deixa 2 mortos e varios feridos. O autor, xa detido, disparou de maneira indiscriminada no barrio de Brebach-Fechingen.
30 de maio
: Un ataque con coitelo nun tren en Flensburg, deixa 1 morto e 2 feridos. O morto é o autor do ataque, que foi abatido pola policía. Era un refuxiado de Eritrea de 24 anos que vivía en Alemaña. Non hai conexión co terrorismo xihadista.
Xuño
2 de xuño
: Un tiroteo en San Calogero deixa 1 persoa morta. A vítima mortal é un home de 29 anos de Malí que responde ao nome de Soumaila Sacko, un activista pertencente ao USB. No momento do tiroteo a vítima non estaba armada debido a que se encontraba axudando a uns compatriotas a construír unha casa con pezas de chapa. A policía detivo a un sospeitoso, un agricultor italiano que responde ao nome de Antonio Pontoriero. Este ataque súmase a unha longa serie de carácter xenofobo.
17 de xuño
: Un ataque con coitelo nun supermercado en Toulon, deixa 2 feridos. O perpetrador do ataque é unha muller e xa foi detida. Algunhas testemuñas afirman que berrou: Alá é grande. A policía di que ten nacionalidade francesa e naceu en 1994, fichada por comportamento violento e sofre dun trastorno mental.
24 de xuño
: Un ataque contra un campamento de romaneses nas aforas de Lviv deixa 1 morto e 4 feridos. Os autores do ataque son sete persoas, con idades comprendidas entre 16 e 17 anos, ademais dun de 20 que foi acusado de planificar o ataque, están detidos. Este ataque súmase a unha serie deles contra minorías étnicas de Ucraína.
Xullo
Comezos de xullo
: Un tiroteo cunha pistola de aire dende un coche preto da cidade de Forli fere a un home de Costa do Marfil, Hugues Messou de 34 anos cando se dirixia cara a súa casa na bicicleta. Os autores do ataque, dúas persoas italianas, fuxiron no vehículo, ademais de facer comentarios racistas contra a vítima. A policía está investigando o caso. : Un tiroteo deixa unha muller de Nixeria ferida en Forli. Non denunciou o suceso.
20 de xullo
: Un ataque con coitelo nun autobús urbano na cidade de Lübeck, deixa 10 feridos e o autor detido pola policía. O perpetrador é un home de 34 anos, de nacionalidade alemá pero de orixe iraniana.
31 de xullo
: Un ataque xenofobo en Aprilia, deixa un cidadán de nacionalidade marroquí morto, confundido cun ladrón, por unha persecución en coche, o que lle produciu un accidente e despois os atacantes propinaronlle unha malleira. Os autores do ataque son tres homes italianos. Xa foron detidos. Pero a versión que manteñen os atacantes non coincide coas probas recollidas e os vídeos das cámaras de seguridade.
Agosto
18 de agosto
: Un ataque con coitelo deixa 1 morto e 1 ferido en Saint-Paul-Trois-Châteaux. O agresor xa foi detido.
22 de agosto
: Un ataque con coitelo en Moresnet-Chapelle, no concello de Plombières, preto de Liexa, deixa 3 mortos, o autor incluído e 1 ferido grave. O motivo do ataque foi unha disputa familiar. O autor do ataque era un exmozo dunha das vítimas, que pertencían a mesma familia.
23 de agosto
: Un ataque con coitelo deixa tres mortos, incluído o atacante e 1 ferido grave, na localidade de Trappes. O ataque foi reivindicado polo grupo terrorista Estado Islámico, pero as autoridades decántanse por unha disputa familiar, xa que dúas das vítimas son a nai e a irmá do atacante. O atacante naceu en 1982.
27 de agosto
: Un ataque de motivación antisemita contra un restaurante xudeu en Chemnitz, deixa 1 ferido e danos materiais. Un total de 12 persoas atacaron o restaurante con pedras e botellas. O dono xa denunciou o ataque e a policía abriu unha investigación.
30 de agosto
: Dous ataques contra inmigrantes en diferentes zonas de Alemaña deixa en total 2 feridos. O primeiro ataque ocorreu en Wismar, onde un sirio de 20 anos foi ferido de gravidade por unha cadea de ferro e apaleado. O segundo ataque ocorreu en Sondershausen, onde un eritreo de 33 anos foi ferido de gravidade por golpes e patadas na cabeza durante unha pelexa, na cal participaron diferentes persoas. Os autores dos ataques están fuxidos.
Setembro
1 de setembro
: Un ataque con coitelo na cidade de Canneto sull'Oglio deixa 1 morto e 3 feridos. O perpetrador do ataque é unha muller de 58 anos e orixinaria de Polonia, que sufriu unha descomposición emocional.
9 de setembro
: Un ataque con coitelo no nordeste de París, deixa 7 feridos, algúns deles de gravidade. O autor xa foi detido pola policía. Segundo, a policía non hai motivación terrorista. O perpetrador é de orixe afgán.
10 de setembro
: Un ataque xenofobo en Sassari deixa un 1 ferido. A vítima do ataque é un mozo de 22 anos de Guinea, que chegou a localidade como refuxiado, agora é estudiante, foi atacado por un grupo de cinco rapaces, menores de idade. Primeiro atacarono con insultos racistas e xenofobos e despois golpearono deixándoo ferido de gravidade. A malleira provocoulle o desprazamento do tabique nasal. Os atacantes ao acabar de darlle a malleira fuxiron con insultos outra vez xenofobos.
11 de setembro
: Unhas persoas destrúen un estandarte LGBT en Szczecin. Os agresores non foron detidos e poden pertencer ao grupo neonazi ONR.
17 de setembro
: Un ataque con coitelo en Bruxelas deixa, 2 feridos, un policía e o agresor. Un segundo policía disparou e feriu o atacante por negarse a soltar o coitelo e atacar o seu compañeiro.
29 de setembro
: Un ataque con coitelo na cidade de Ravensburg deixa, 3 persoas feridas, unha delas de gravidade. O agresor xa foi detido pola policía. Máis tarde a policía identificao como un solicitante de asilo procedente de Afganistán e de 19 anos de idade. Aínda se descoñece o motivo do ataque.
Notas
Categoría:2018 Categoría:Violencia Categoría:Europa Categoría:Listas de historia