Pablo Und Destruktion é o proxecto en solitario do músico asturiano Pablo García Díaz (Xixón, 20 de febreiro de 1984), cantautor cun estilo propio a medio camiño entre o folk, a psicodelia, o blues e a tonada.

Traxectoria Ten cinco discos editados, Animal con Parachoques (2012), Sangrín (Discos Humeantes, 2014), Vigorexia Emocional (2015), Canciones para Antes de una Guerra (2016) e Predación (2017). Nos seus directos ás veces toca en solitario, coa súa guitarra, pedais de loop, delay e outros aparellos electrónicos, e ás veces toca acompañado doutros músicos.

Levou a cabo proxectos musicais con Fee Reega e Nacho Vegas, entre outros artistas. En paralelo ao proxecto musical, baixo o pseudónimo de Pablo und Destruktion publicou a novela La bestia colmena (2018).

Discografía Álbums de estudio Animal con Parachoques (2012) Sangrín (2014) Vigorexia Emocional (2015) Predación (2017)

En directo Canciones para Antes de una Guerra (2016)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web oficial

Categoría:Cantautores Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Xixón