Tiridates ou Tirídates I (en , Trdat A; en , Tīridāt; en , Tiridátes) foi rei de Armenia dende 53 até a súa morte, así como o instaurador da dinastía arsácida no territorio, cuxa administración perdurou até o derrocamento do seu derradeiro representante, Artaxias IV (428).Arthur Cotterell Historia de las civilizaciones antiguas p.249.
O emperador Nerón coroouno en 66, malia que o seu reinado comezara o ano antes sinalado e experimentou dúas interrupcións, unha en 54 e outra en 58-63— nun intento de reforzar un territorio moi inestable por mor das consecuencias derivadas da loita entre romanos e partos.<ref>Joël le Gall y Marcel le Glay El Imperio Romano: el alto Imperio desde la batalla de Actium hasta la muerte de Alejandro Severo (31 a. C. - 235 d. C.) p. 181.</ref> A coroación de Tiridates sentou un salientable precedente polo que os reis de Armenia serían príncipes partos cuxo nomeamento dependía da aprobación do Imperio romano. Cómpre sinalar ademais deste acontecemento que, se ben converteu Armenia nunha especie de «Estado satélite» de Roma, certos autores cren que implicou unha cesión de facto do territorio ó Imperio parto.
Tiridates destacou tamén por ser un sacerdote zoroastriano; mesmo na súa coroación acudiu a Roma a carón doutros magiTermo que fai referencia ó discípulo de Zoroastro. A comezos do século XX Cumont especulou coa posibilidade de que Tiridates tivese un papel relevante no desenvolvemento do mitraísmo,Cumont, Les réligions orientales dans le paganisme romaine. Conferencias realizadas en el Collége de France (1905) no que considera de feito un zoroastrismo romanizado; porén, esta teoría foi rexeitada en numerosas ocasións. Tiridates desempeña un dos roles principais na opera Radamisto de Händel, así como en Octavia, de Keiser.
Suba ó poder Nado da relación entre Vonones II e unha concubina grega,Dando por feito que a nai de Vologases, Pacoro e Tiridates fose a mesma muller.Encyclopædia Britannica non se coñece nada da súa nenez nin da súa mocidade, só que a pasóu en Media, territorio que administrou o seu pai durante o reinado do irmán deste Gotarces II. O nome Tiridates quere dicir «dado por Tir» —Tir era o deus armenio-parto da literatura, a ciencia e a arte derivada do avéstico Tishtrya e moi asociado á divindade grega Apolo. En 51, o procurator romano de Capadocia, Xulio Peligno, invadiu Armenia e arrasou o país, daquela dominado polo usurpador iberio Radamisto, que asasinara ó seu tío Mitrídates.
Sen agardar instrucións dende o imperio, o procurador romano recoñeceu a Radamisto como novo monarca de Armenia. O administrador da provincia de Siria Ummidio Quadrato enviou a Helvidio Prisco ó mando dun importante continxente coa misión de poñer orde no territorio,Tácito Anales L. XII XLIX. mais a expedición tivo que deterse cando dende Roma chegaron ordes de non levar a cabo ningunha acción que o Imperio parto puidese interpretar como unha provocación.
No ano 52, o rei Vologases I de Partia aproveitou a inestabilidade da zona para invadir Armenia, conquistando axiña Artaxata e proclamando o seu irmán máis novo Tiridates como novo rei.Tácito, Anales 12.50.1–2 Esta acción supoñía unha violación do acordo que acadara Octavio con Fraates IV no que se explicitaba que eran os romanos os que tiñan o dereito de nomear e coroar ós monarcas armenios.Octavio ademais recuperou os estandartes romanos que se perderon trala derrota de Craso en Carras, co que puido curar parte da ferida que experimentou a honra romana nesa batalla. Vologases declarou que non podía permitir que o trono de Armenia, outrora propiedade dos seus devanceiros, acabase usurpado por un asasino.Vologases fai referencia a Vonones I e os seus herdeiros Artabano II, Arsaces e Orodes como os primeiros arsácidas que sentaron no trono armenio.Tácito, Anales, 12.5 Unha epidemia invernal e unha insurrección liderada polo seu herdeiro Vardanes fixeron que Vologases tivese que retirar as súas tropas de Armenia, momento do que se valeu Radamisto para volver e iniciar unha severa política de represión que causou a rebelión do pobo armenio e a proclamación como novo rei do príncipe parto Tiridates (55).Tácito, Anales, 13.7
Radamisto escapou coa súa esposa Zenobia que, por mor do seu embarazo, pediu ó seu marido que acabase coa súa vida para non ser capturada. Radamisto apuñalouna cunha daga meda e guindou o seu cuerpo ó Araz, pero a ferida non resultou mortal e Zenobia foi atopada por uns pastores que a enviaron con Tiridates, quen a recibiu amablemente e a tratou coma un membro máis da estirpe real. Radamisto puido retornar a Iberia, onde o seu pai Farasmanes o condenou a morte por ter conspirado contra o poder real.
Guerra con Roma A crecente influencia do Imperio parto en Oriente causou unha enorme inquedanza no emperador Nerón, que enviou alí a Corbulón ó mando dun grande exército e con ordes de restaurar o dominio romano na zona.Tácito, Anais, 13.9 Como o comandante romano permanecería en campaña unha importante tempada un asmoneo chamado Aristóbulo recibiu a administración de Armenia Menor —constituída esencialmente por Nicópole e Satala— mentres que Armenia Sophene correspondeulle a Sohaemo de Emesa. Na primavera de 58 Corbulón penetrou en Armenia dende Capadocia e marchou sobre Artaxata mentres Farasmanes de Iberia atacaba dende o norte e Antíoco IV de Comaxene realizaba unha incursión polo suroeste. Apoiado polo seu irmán, Tiridates enviou columnas voantes para asaltar en varios puntos as columnas romanas, pero Corbulón contestou empregando as mesmas tácticas, e empregou ás tribos nativas Moschoi para que saqueasen as rexións fronteirizas de Armenia. Tirídates puido fuxir da capital antes de que a capturasen os romanos, que a quemairon até os alicerces. Ese mesmo verán Corbulón avanzou sobre Tigranocerta a través dun duro terreo que pasaba por Taronitida, onde numerosos oficiais morreron nunha emboscada artellada pola resistencia armenia. Porén, cando chegaron á cidade, esta capitulou e abriu as súas portas agás unha das cidadelas urbanas, destruída no asalto polos invasores. Neste punto, a maior parte do pobo armenio abandonara a resistencia e aceptou o príncipe nomeado por Roma.Tácito, Anais, 13.55
Nerón nomeou novo rei de Armenia ó último dos descendentes reais da monarquía capadocia, neto de Glafira —a herdeira de Arquelao de Capadocia— e Alexandre de Xudea —o irmán de Herodes Arquelao e herdeiro de Herodes o Grande, que asumiu o trono co nome de Tigranes VI.Estrabón, 12.3.35 O seu herdeiro Alexandre contraería matrimonio con Iotapa —filla de Antíoco VI— e obtería o reino de Cilicia. As vitorias en Oriente compraceron ó pobo romano, que aclamou publicamente o seu emperadorTácito, Anais, 13.56 e propiciou que este recompensara a Corbulón coa administración da provincia de Siria.Tácito, Anais, 14.36.Este era un nomeamento moi importante, pois Siria non era só unha das provincias máis extensas, senón que ademais era unha das máis ricas. Tigranes recibiu unha garda de mil lexionarios, tres cohortes auxiliares e dúas divisións de cabalería para que impedise a invasión do seu territorio, cuxos límites territoriais pasaron ó dominio dos aliados romanos que apoiaran a Corbulón, entre os que salientan Polemón II, Parasmanes, Aristóbulo e Antíoco. miniatura|right|Zenobia atopada polos pastores nas beiras do Araz.Paul-Jacques-Aimé Baudry, c. 1848 Pola contra, o emperador parto estaba agora alporizado polo feito de que un novo monarca estranxeiro ocupase o trono armenio, pero non puido apoiar de inmediato a causa do seu irmán ó atoparse combatendo cos hircanios, que se rebelaran na súa contra. Tigranes aproveitou o impasse para invadir o reino de Adiabene e depoñer a Monobaces (61), un vasalo dos partos.Tácito, Anais, 15.1
Vologases considerou este movemento como un acto de agresión dos romanos e iniciou unha campaña para restaurar a Tiridates no trono armenio ordenando ó spahbod Moneses —ó que concedeu o mando dun continxente de catafractos e auxiliares adiabenianos— expulsar a Tigranes de Armenia. O mesmo Vologases participou en persoa na campaña tras acabar cos hircanios rebeldes. Cando foi informado do inminente ataque, Corbulón enviou axiña dúas lexións lideradas por Verulano Severo e Vetio Bolano a apoiar a Tigranes, aínda que con instrucciónss secretas de actuar de xeito cauteloso no canto de agresivo. Enviou unha carta a Nerón na que lle pregaba o envío doutro comandante, pois agora eran dúas provincias —Armenia e Siria— as que se atopaban en perigo. O resto das lexións serían estacionadas a beiras do Éufrates e as tropas irregulares no resto de provincias achegadas. Como a rexión tiña unha importante escaseza de auga ordenou a construción de defensas nas pontes e agochou os regatos enterrándoos con area.
Moneses marchou sobre Tigranocerta, pero non puido atravesar os muros da cidade ó non estar as súas tropas preparadas para un asedio de longa duración. Corbulón enviou entón a un centurión chamado Casperio ó campamento de Vologases en Nisibis —localizada a 37 quilómetros de Tigranocerta— coa petición de que os partos erguesen o sitio, requirimento ó cal os partos accederon, en parte debido a unha praga de lagostas e á escaseza de pasteiros para a súa cabalería, se ben en troques de que se lles entregase Armenia para acadar un acordo de paz. Vologases demandou que tanto as tropas romanas como os soldados partos fosen evacuados do territorio armenio, que Tigranes fose depuesto, e que Tiridates fose recoñecido, condicións ás que decidiu non acceder. Tralo rompemento das negociacións, Roma enviou á rexión a Cesenio Peto, gobernador de Capadocia, para resolver a cuestión anexionando Armenia á administración romana.Tácito, Anais, 15.1–6.Dión Casio Historia Romana, 62.20
Pero Peto amosaría a súa incapacidade como comandante ó conducir ás tropas romanas a unha aldraxante derrota en Randeia (62),Joėl Le Gall e Marcel Le Glay El Imperio Romano: El Alto Imperio, desde la batalla de Actium hasta la muerte de Severo Alejandro ( 31 a. C.- 235 d. C.). P. 180. que supuxo a destrución das lexións XII Fulminata, comandada por Calvisio Sabino e da IIII Scythica comandada por Funisulano Vetoniano, polo que Nerón concedeu de novo o mando a Corbulón, que en 63 realizou unha incursión en Melitene e penetrou en Armenia eliminando a tódolos gobernadores rexionais dos que sospeitaba que puidesen apoiar ós partos.
Ese mesmo ano, Corbulón e Tiridates decidiron reunirse en Randeia para acordar un tratado de paz; a localización era importante para os dous: para o monarca armenio supoñía a conmemoración dun campo de batalla no que os partos acadaran unha trascendental vitoria, mentres que para o comandante romano era esencial facer un acto que acabase coa mala sona da zona. Cando Tiridates entrou no campamento romano quitou o seu diadema real e púxoo ós pés dunha estatua de Nerón, acordando que non volvería recibila até que lle fose entregado de mans do mesmo emperador na capital. Nese intre, Tiridates pasou a ser un rei vasalo do Imperio romano, que mantería unha gornición permanente no territorio. Tiridates —en compaña de Annio Viniciano— marchou de inmediato a Roma para participar na cerimonia de coroación.
Viaxe a Roma Antes de embarcar cara a Roma, Tiridates realizou unha visita á súa nai e ós seus dous irmáns en Media Atropatene e Partia. Na súa travesía —que durou nove meses nos que o monarca armenio cabalgou coa súa esposa e os seus herdeiros ó seu carón— acompañouno un séquito constituído polos seus parentes e unha representación da nobreza armenia escoltada por 3000 soldados montados que cruzou Tracia, Iliria, a costa oriental do Adriático e o Piceno, no nordeste de Italia antes de chegar á capital.