O Paris Basket Racing foi un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de París (Illa de Francia). Foi fundado en 1922 como sección de baloncesto do Racing Club de Paris. No ano 2007 o club fusionouse con outro equipo da área metropolitana de París, o Levallois Sporting Club Basket, formando o actual Levallois Metropolitans. Entre os seus éxitos destacan catro campionatos de Liga, conseguidos en 1951, 1953, 1954 e 1997.
Palmarés Liga de Francia Campións (4): 1951, 1953, 1954, 1997 Sucampións (1): 1956 Copa de Francia Subcampións (3): 1956, 1993, 2000 Segunda División de Francia Campións (4): 1936, 1954, 1977, 1985
Véxase tamén Outros artigos Levallois Metropolitans
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia