Isaac Leib Peretz (יצחק־לייבוש פרץ) máis coñecido como I. L. Peretz, nado en Zamość 18 de maio de 1852 e finado en Varsovia o 3 de abril de 1915, foi un escritor polaco en lingua yiddish, un dos grandes clásicos da literatura yiddish.

Traxectoria miniatura|De esquerda a dereita, Sholem Aleichem, Peretz, e Yacov Dinezon miniatura|Dinezon e Peretz Naceu no seo dunha familia acomodada de xudeus ortodoxos na cidade de Zamość, entón pertencente á gobernación de Lublin do Congreso de Polonia. Con quince anos sumouse á Haskalah, o movemento de ilustración xudía e comezou un plan deliberado de aprendizaxe secular, coa lectura de libros en polaco, ruso, alemán e francés. Decidiu ir á escola rabínica de Zhitómir, teoloxicamente liberal, pero en consideración á súa nai permaneceu en Zamość dedicado a diversos negocios, con escaso éxito. Casou con vinte anos, nun matrimonio arranxado, coa filla de Gabriel Judah Lichtenfeld, matemático e poeta. Cursou hebreo na Universidade de Varsovia entre 1876 e 1877. En 1879 divorciouse e casou con Helena Ringelheim. Superou os exames para exercer como avogado privado ata a súa revogación polas autoridades rusas  por sospeitar sentimentos nacionalistas polacos e socialistas Ruth R. Wisse "Peretz, Yitskhok Leybush" The Yivo Encyclopedia of Jews in Eastern Europe. Aveciñouse en 1888Jan Jagielski (1996) Przewodnik po cmentarzu żydowskim w Warszawie przy ul. Okopowej 49/51. Z. 1, Kwatery przy Alei Głównej. Varsovia: Towarzystwo Opieki nad Zabytkami. Społeczny Komitet Opieki nad Cmentarzami i Zabytkami Kultury Żydowskiej w Polsce, 1996, pp. 63-64 en Varsovia e traballou a partir de 1890 como secretario da comunidade xudía, empregado da oficina de estatística e máis tarde como supervisor do cemiterio xudeu. Interesado pola música popular estableceu unha sección da Sociedade Coral Hazomir en VarsoviaMarion Jacobson "Music" p. 6 in The Yivo Encyclopedia of Jews in Eastern Europe e o anuario literario Jiddischen Bibliothek (1891, 1894 e 1896) . A policía arrestouno en 1899 e pasou algúns meses na cadea. Politicamente enfrontouse ao movemento sionista Hovevei Zion, aos partidarios de revitalizar o hebreo como a lingua do pobo xudeu e á ortodoxia relixiosa. Consideraba que o futuro dos xudeus estaba na diáspora e na lingua yiddish así como no socialismo, non obstante foi crítico coa política que realizaba a Unión Xeral de Traballadores Xudeus de Lituania, Polonia e Rusia (o Bund). Participou na Conferencia da Lingua Yiddish de 1908 e logo do discurso que pronunciou converteuse no referente dos partidarios do yiddish como a lingua nacional dos xudeus, non obstante votar en contra da resolución que establecía o yiddish como única lingua nacional dos xudeus. Dende 1910 foi director da Sociedade Literaria Xudía de Varsovia. Durante a primeira guerra mundial organizou axuda para as vítimas da guerra.

Actividade literaria Comezou a escribir en hebreo poesía, cancións e contos, algúns deles conxuntamente co seu sogro e que publicou en 1877 no libro Sipurim be-shir ve-shirim shonim. Os progroms de 1881 alteraron a súa visión do yiddish, pasando dun simple vehículo para chegar ás masas xudías a un elemento identificador e simbólicoPayson R. Stevens, Charles M. Levine, Sol Steinmetz (2002) Meshuggenary: celebrating the world of Yiddish. Simon & Schuster, p. 111. En 1888 apareceu o seu primeiro traballo en yiddish, a balada longa Monish, que se publicou no anuario Folksbibliotek  editado por Sholem Aleicheme que conta a historia dun asceta novo, Monish, que intenta resistirse, sen éxito, á sedutora Lilit. Ao longo da súa vida escribiu en yiddish e hebreo, moitas veces escribindo versións da mesma obra nas dúas linguas.

Os seus relatos, contos populares e pezas teatrais son críticos coa sociedade do seu tempo e revelan a súa inclinación polo movemento obreiro. Non obstante, a contracorrente dos intelectuais xudeus que deron o seu apoio total á  revolución rusa de 1905, a súa posición foi máis crítica, poñendo o foco nos progroms que se realizaron durante a Revolución, e preocupado polas súas ideas universalistas que deixaban pouco espazo para o inconformismo xudeu. 

Inseriu a literatura yiddish no seo da literatura contemporánea da época, modernizándoa"I. L. Peretz" Encyclopædia Britannica, ampliando o máximo posible o vocabulario, as voces, os rexistros estilíticos e as sensibilidades morais para transformar os usuarios da nova literatura yiddish en lectores cultos dunha cultura xudía modernaDavid G. Roskies "The Small Talk of I. L. Peretz". In geveb, 22 de marzo de 2016, deu forma a unha literatura en yiddish, e en menor medida en hebreo, como elemento de cohesión nacional para evitar a asimilaciónRuth R. Wisse (2016) I. L. Peretz and the Making of Modern Jewish Culture University of Washington Press, p. xiii e influíu nos escritores novos de Varsovia para escribir en yiddish, como foi o caso de Schalom AschAnita Norich (2007) Discovering Exile: Yiddish and Jewish American Culture During the Holocaust Stanford University Press, p. 74, Der Nister ou Lamed Shapiro. Entre as súas obras máis salientables están Oyb Nisht Nokh Hekher, o relato curto "Bontshe Shvayg" e Der Kuntsenmakher, que se inspirou no folclore do xudaísmo hasídico. A historia céntrase en torno a Elías, que anonimamente visita unha parella pobre e axuda a que se enriquezan. A partir de 1905O teatro en yiddish estaba prohibido polas autoridades tsaristas pero tras a revolución de 1905 relaxaron a prohibición comezou a escribir pezas teatrais en yiddish, converténdose nun dos referentes da dramaturxia yiddish con Di goldene kejt e Bay nakht afn altn mark. No momento da súa morte Peretz era sen dúbida considerado o cume da elite cultural yiddish e da nova literatura yiddishDan Miron "I. L. Peretz as the Poet of the Jewish Age of Sensibility: On the Century of His Death 1915-2015" in Alina Molisak e Shoshana Ronen (2017) The Trilingual Literature of Polish Jews from Different Perspectives: In Memory of I.L. Peretz Cambridge Scholars Publishing, p. 1.

Obra Sipurim be-shir ve-shirim shonim, 1877 Manginat ha-zeman, 1887 Monish 1888 Bekante bilder, 1890 Bilder fun a provincrayze 1891 Ha-‘Ugav, 1894 Bontshe Shvayg, 1894 Ba nacht afn altn mark 1907 Churbn bejs cadek 1907 Di goldene kejt 1909 Majne zichrojnes 1913-1914

Notas

Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Escritores en lingua yiddish Categoría:Nados en Zamość Categoría:Escritores en lingua hebrea Categoría:Avogados Categoría:Alumnos da Universidade de Varsovia Categoría:Dramaturgos de Polonia